Entre as moitas cousas que o Goberno de España roubou aos seus cidadáns unha foi a música na educación primaria. Por se non o sabiades, a nova Lei de Educación (Lomce) elimina a Música como materia troncal da educación primaria.
13 de marzo de 2014
Publicado por Adycto

Levaba tanto tempo chovendo na Galiza que, estes días, tódolos galegos andan tirándolle fotos ao sol e subíndoas ás redes sociais. Se tedes a algún galego entre os vosos amigos de Facebook, seguidores de Twitter, ou doutra rede calquera, xa sabedes do que estamos a falar. Algúns incluso xa están a propor cambios na bandeira...
6 de marzo de 2014
Publicado por Adycto
Por unha vez e, sen que sirva de precedente, estamos de acordo con algo do que dí Mariano Rajoy. Referímonos á metáfora que hai uns días utilizou o presidente para falar sobre a situación económica española cando, no Debate, dixo aquilo de "Hemos cruzado el Cabo de Hornos".
4 de marzo de 2014
Publicado por Adycto
Neste mundo hai dous tipos de persoas: Os que pensan que "
Amanece que no es poco", de José Luis Cuerda, é a mellor película española de todos os tempos; e o resto, os que erran escollendo calquera outro filme para ese título honorífico.
27 de febreiro de 2014
Publicado por Adycto

Sempre fomos máis de mollarnos baixo os chaparróns que de tratar de evitalos. Nunca gustamos de andar con paraugas e, aínda que preferimos camiñar baixo os soportais, ás veces non atopamos un lugar no que resgardarnos e, inevitablemente, acabamos empapados
25 de febreiro de 2014
Publicado por Adycto
A verdade é que levábamos moito tempo sen darlle un lavado de cara ao blog así que, durante os próximos días, teremos a casa patas arribas tratando de facer unha reforma adecuada. Supoñemos que o luns xa teremos todo listo...
20 de febreiro de 2014
Publicado por Adycto