Amosando publicacións coa etiqueta política b>. Amosar todas as publicacións
CONCATENACIÓN DE ERROS
Estes días está claro que a noticia da que todos falan, por moito que Nadal gañase o enésimo Roland Garros ou que Del Bosque fixese debutar a España na Euro 2012 cun nove "mentireiro", é a do rescate- perdón, quería dicir liña de crédito en inmellorables condicións- da banca española polas autoridades europeas -perdón de novo, quería dicir Alemaña-. En Xornal Aberto non imos poñernos agora a analizar as consecuencias que iso vai ter para a maltreita economía española (aumento do déficit, novos recortes, etc) porque, entre outras moitas cousas, non somos especialistas en economía, aínda que despois de catro anos de crise cada día sabemos máis. O que imos facer é un pequeno análise de como foi a xestión do goberno da situación, que xa avanzamos, consideramos que é altamente mellorable.
Aínda que podemos botar a mirada moito máis atrás e pensar en como Bankia chegou ao que chegou, imos centrarnos nas últimas semanas. Despois de días ou meses con problemas o caso Bankia estourou cando, tras anunciar os beneficios obtidos pola entidade no último balance contable (algo máis de 300 millóns de euros), comezou a rumorearse que, nese periodo no que se falaba de beneficios, as perdas foran de algo máis de 3.000 millóns de euros. A reacción a estes rumores non tardou en facer que o presidente da entidade, o señor Rodrigo Rato, saise ao paso dos mesmos dicindo que as cousas non estaban ben pero que cun aporte do Estado de algo máis de 6.000 millóns de euros as cousas marcharían moito mellor nun breve prazo de tempo.
E aquí comezan os erros. En primeiro lugar e, ante o tamaño do problema, o goberno fixo "dimitir" a Rato para poñer no seu lugar a Goirigolzarri. A pesares de que dimitira, Rato marchou para a súa casa cunha indemnización de máis de 1,2 millóns de euros (ogallá algún día asinemos nós un contrato no que, aínda dimitindo, cobremos a indemnización). O novo mandamáis de Bankia, aínda que posto polo goberno, asombrou ao mundo dicindo, aos poucos días de marchar Rato, que as necesidades de recapitalización do banco eran moito maiores do que o preveera o seu antecesor. O Goberno, poidendo estar calado e esperar acontecementos, precipitouse e, a través da boca do seu ministro de economía (De Windows) dixo alto e claro que o goberno inxectaría en Bankia o que fixera falta (será por cartos, deberon pensar).
Negra palabra dixo De Windows porque, case que a mañán seguinte, o Goirigolzarri este falou xa de 19.000 millóns de euros -tres veces máis do que dixera Rato- co cal meteu ao goberno nun problema maiúsculo xa que, se a esa cantidade lle engadimos as axudas do FROB poñérmonos neses máis de 23.000 millóns que, en principio, se prevee que necesite Bankia para saír- alomenos momentaneamente- da crise na que anda metida.
O goberno, ante a cantidade de cartos que precisaba Bankia, empezou a barallar fórmulas para a súa recapitalización que incluían a inxección de cartos a través de débeda pública. Na UE rapidamente lle dixeron que isto no valía. O Goberno non paraba de meter a pata. Primeiro unha precipitación da crise, logo falar de máis (hai cartos para Rato), logo buscar fórmulas de financiación non permitidas pola UE, ... Un desastre.
Pero a cousa non quedou aquí. Tras moito darlle voltas e, despois de que Mariano (naniano) recibise as chamadas dos xefazos de BBVA, Santander e La Caixa na que lle comentaban que premiar as entidades financieras mal xestionadas era case que coma competencia desleal para con eles, o presidente e todo o seu Goberno dixeron, unha e outra vez, que a crise estaba controlada e que non sería preciso, non xa un rescate, senón ni tan siquera pedir axuda ás autoridades comunitarias.
Mentres tanto a prima de risco disparábase día a día, a bolsa non deixaba de caer e as accións de Bankia perderan un 65% do seu valor...
O pasado venres, a axencia Reuters (da que evidentemente me fío moito máis que do Gabinete de Prensa de Moncloa) sacou un comunicado no que se dicían dúas cousas: 1) habería reunión por videoconferencia dos xerifantes económicos europeos e 2) habería rescate a España. O Goberno, nun novo e enésimo erro de xestión, pasouse o venres desmentindo este rumor -aínda que sen facelo con convencemento. E mentres chegou o sabado e, con el, a reunión anunciada por Reuters do Eurogrupo.
Esa mesma tarde, trala reunión, un cariacontecido ministro de Economía De Windows comunicábablle ao país que a UE nos concedera unha liña de crédito en inmellorables condicións para sanear a situación do noso sistema financiero. Dixo que as axudas poderían chegar ata os 100.000 millóns de euros (un pastizal) pero que, a pesares de que esta liña de crédito iba a aumentar o noso déficit como país, non habería novos recortes para a cidadanía.
E aquí outro novo erro. Ttras o 23 F e o 11M, nunca a presencia do presidente do goberno foi tan necesaria nunha rolda de prensa como o pasado sábado. E sen embargo, Mariano non compareceu ante os medios senón que a histórica rolda de prensa a deu o ministro de Economía Luis De Windows.
Pero como os erros, alomenos neste goberno, nunca veñen sos, ao día seguinte foi Mariano (naniano) o que compareceu publicamente para tratar de explicar un pouco mellor o tema do rescate -perdón, da liña de crédito en inmellorables condicións-. E o goberno volveuse a liar. Mariano contradixo a De Windows en referencia a se o rescate ía repercutir sobre o déficit de España e, non contento con iso, xustificou a súa decisión de acudir, en medio da tormenta financieira, ao debut de España na Euro2012, laiándose ademais de ter que perderse o partido de Nadal por culpa da viaxe a Polonia. Todo esto nunha comparecencia marcada polo contraluz das cámaras que, por momentos, causaban o efecto de que o presidente íase volatilizar dun momento a outro.
A secuencia de erros cometida polo Goberno é impresionante e en Xornal Aberto consideramos que unha boa parte da inestabilidade que vive a economía española, como todo o mundo cansouse de repetir, procede da falta de confianza dos nosos socios europeos. Falta de confianza que as concatenacións de erros na xestión dunha crise seguro que non aplacan.
Por certo, xa coma anécdota -e tamén como exemplo de mala xestión dunha crise- quédame por comentar a filtración aos medios do sms que supostamente Mariano (naniano) mandoulle a De Windows durante a reunión do Eurogrupo: ‘Aguanta. Somos la cuarta potencia europea. España no es Uganda’.
Creo que hai pouco que engadir...
GALLARDÓN E O ABORTO

Hai un par de días, o "porfinministro" Alberto Ruíz Gallardón falaba no Parlamento sobre o aborto e non deixaba a ninguén indiferente. O home que como alcalde de Madrid fora un dos primeiros en facilitar o acceso dos cidadáns á pílula postcoital; o "verso libre" que sempre pareceu o máis progresista do seu partido facía unhas declaracións nas que, por desgraza, deixaba ao descuberto unha actitude absolutamente reaccionaria, que rapidamente respaldaron varios membros do Goberno. E o fixo ademais en vésperas do día Internacional da muller.
Supoño que xa todos a estas alturas do partido escoitaríades a frase en cuestión pero, por si acaso, quero deixar constancia dela eiquí. Preguntado sobre a cuestión do aborto, o "porfinministro" dicía que se debía, en boa medida «á violencia de xénero estructural contra a muller polo mero feito do embarazo».
Señor Gallardón, a violencia de xénero estructural contra a muller en España existe, pero non é isa da que vostede fala. A violencia de xénero estructural contra a muller é a que cada ano remata coa vida de, alomenos, cincuenta mulleres en España. Esa violencia que sufre a muller é a que, física e moralmente, lle infrinxe o seu marido, parella ou como queirades chamarlle, e que ademais a sociedade, queramos ou non velo, consinte.
Violencia de xénero é a que impide tamén a moitas mulleres denunciar a situación e saír dela e, xa postos, violencia de xénero é tamén a que sofren as mulleres cando acuden a buscar traballo e ven como, ano tras ano, seguen a cobrar menos cartos polo mesmo traballo que os homes.
En Xornal Aberto pensamos, pobres de nos, que cando unha muller toma a decisión de abortar o fai porque, por un ou outro motivo, non quere ter ese fillo nese momento concreto e non por unha "presión" da sociedade que, como vostede di, a obriga a abortar. De feito, grazas a lei do aborto a muller é libre e pode decidir que facer ante un embarazo, ninguén a obriga a nada. Se cadra vostede e o seu partido o que pretenden é voltar a situacións anteriores da nosa historia na que as mulleres non tiña capacidade ningunha de decisión e non atopaban na Lei a esa táboa que lles permitise decidir sobre a súa vida.
En Xornal Aberto consideramos que o aborto é un dereito que ten a muller pero parece, coma non, que niso tampouco estamos de acordo co Partido Popular. E o digo polas declaracións de Esperanza Aquirre nas que a presidenta da Comunidade de Madrid afirmaba taxantemente que "o aborto non é un dereito, senon un fracaso da muller". Outro día falaremos de Esperanza.
O peor de todo é que, no fondo, estas opinións e políticas non son máis que o esperado. Co goberno do PP todos imos a perder moitas cousas, valga de exemplo a reforma laboral recentemente aprobada, pero sen ninguna dúbida as mulleres van a perder todavía máis. É triste pero é o que pensamos.
A MORTE DE FRAGA

Vaia por diante que a nova da morte de Manuel Fraga non foi algo do que podamos decir que nos colleu a todos por sorpresa. Durante as últimas semáns as noticias sobre a saúde do ex-ministro de Franco e ex-presidente da Xunta non eran boas e, quen máis quen menos, xa tiñamos asumido que Fraga non duraría moito.
Durante estes días haberá seguro que moitas reportaxes en profundidade sobre a vida do "León de Vilalba" nas que se alabará a súa capacidade de traballo, o seu nivel intelectual, a súa condición de Pai da Constitución Española, etc, etc. Ninguén vai a negar agora, ou polo menos non debería, a capacidade que no seu día tuvo Fraga ou o que fixo "progresar" a Galiza (cando estás 16 anos no poder é difícil non facer estradas, centros para maiores, etc). Tampouco se pode negar o feito de que a corrupción, alomenos en primeira persoa, non é algo do que se lle poda acusar ao ex-presidente. Son os seus "puntos fortes" e sobre iso seguro que haberá especiais abondo.
O problema é que, como cando morre calquera outra persoa, parece que non está ben falar dos seus puntos escuros, que no caso de Fraga foron moitos. Por citar algúns e, para que ninguén se esqueza, Fraga tamén é responsable de formar parte dun goberno dictatorial en calidade de ministro (que en calquera outro país suporía quedar excluido da vida política en democracia); da lamentable xestión da crise do Prestige (de caza esa fin de semán co ministro de Fomento do momento, señor Cascos); de meter a Galiza nunha aventura absurda na que todavía andamos chamada Cidade da Cultura; ou de fomentar, aplaudir e apoiar posturas claramente antidemocráticas en Galiza como o carretaxe de votos, a compra de vontades no exterior ou as redes caciquís de Baltar, Cacharro ou Cuiña, entre outros.
Meteuse en moitas outra liortas, sobre todo dialécticas (aínda lembro a súa opinión sobre o matrimonio homosexual) pero tamén políticas e culturais. Proclamouse galeguista despois de perseguir ao noso idioma e cultura dende o ministerio de Información e Turismo, beneficiou á Igrexa canto poido durante a súa vida política a pesares de coñecer perfectamente cal debería ser a súa forma de actuar neste campo; non soubo abandoar a vida pública; etc, etc.
Iso,que hoxe péchase un capítulo importante da vida política española e galega que, para ser sinceiro, preferiría que rematase doutro xeito e noutro tempo. En todo caso non os deixede arrastrar polo que estes día salga na tele e lembrade as outras cousas de Fraga das que estes días se falará menos.

OPERACIÓN 20N
Hoxe só paso por eiquí para deixarvos colgado un video de Anonymous no que se describe perfectamente que pasará cos votos blancos, nulos, etc que se emitan o vindeiro 20 N nas eleccións. Moitos xa sabíamos de que iba ou tiñamos unha idea pero, en todo caso, a información nunca está de máis...sobre todo antes de participar, dun xeito ou doutro, nunhas eleccións. Tamén explican que, co video, tratan de poñer en marcha a OPERACIÒN 20 N que, en resumo, se trata de que hai que ir a votar, non votar nin a PP, PSOE, CIU e PNV, votar nulo, e non votar en blanco...Parecen boas medidas e están moi ben explicadiñas...Iso que #nolesvotes que nos irá mellor.
ACAMPADA OBRADOIRO XUNTA
Aínda que levaba un tempo sen escribir é porque, como imaxinades, ando que non paro. Que si o curro, que si pasar polo Obradoiro, que si o Celta,...En todo caso, unha cousa breve. Esta mañán a xente da Acampada Obradoiro tiña convocada unha concentración diante da Xunta de Galicia, que hoxe celebraba o seu habitual Consello dos xoves, para protestar pola "continua indiferenza que amosan os políticos galegos coa situación económica e social e a completa ignorancia sobre as nosas reivindicacións" (a convocatoria completa a tedes eiquí). Pois ben, ante unha situación como esta, os membros da Unidade de Policía Nacional Adscrita á Xunta de Galicia (responsable da seguridade do edificio) decidiron -supoño que baixo a orde de alguén- desaloxar as saídas do edificio. Nin entro a xulgar a idonidade da protesta (aínda que protestar por algo xusto sempre me pareceu ben) nin as medidas adoptadas para "solucionar" o graviiiiiiiisimo problema que estaban a xerar o concentrados. Simplemente o poño para que estedes informados. Nada máis....
PD: Evidentemente os concentrados estaban a xerar un problema graviiiiiiiiissssiiiiiiimo ao ter absolutamente bloqueada a saída de vehículos da Xunta. Case que era un problema de seguridade nacional e a solución era a que era. Ocúrrenseme, así polo de pronto, 10 solucións distintas e mellores ca que se tomou pero eu non son político...

OS MOCOS
Nunca fun dos que andan cun pano constantemente diante do nariz para soar os mocos. Tiven sorte e, aínda que de pequeno era alérxico ao po e ao pole, de maior nunca tiven problemas con isto. A miña moza e un dos máis antigos amigos que teño (un saúdo David) si que son de levar sempre enriba un pano para os mocos e, en determinadas épocas do ano, case que respiran a través del. E digo isto porque, dende pequeno, sempre pregunteime que pasaba cos mocos que non soabas. A observación continuada durante anos, sobre todos destes dous que comentaba antes, dime que se os soas quedan no pano e vólvenche a sair máis ao momento así que a produción de mocos (polo menos no caso de moitas persoas) é case que infinita. E se non os soas, que pasa con eles?
Eu sinceiramente coido que van para o cerebro e estorban os procesos mentais provocando que digamos incoherencias. E digo isto por buscar unha explicación ao par de inxeplicables comportamentos de dous políticos, Miguel Sebastián (PSOE) e José Ignacio Echeverría (PP), nestes últimos días.
No caso de Miguel Sebastián, o actual ministro de Industria do Goberno ZP, resulta que o pasado venres compareceu en rolda de prensa para presentar as medidas adoptadas polo goberno para reducir o gasto enerxético no país. A proposta estrela foi subvencioar a sustitución dos neumáticos duns 60.000 vehículos por outros máis eficente, os da "etiqueta a". O problema está en que as rodas que o ministro propuxo subvencionar NON EXISTEN, como así o fixeron saber estes días varios fabricantes. Pouco máis que decir.
No caso de José Ignacio Echeverría, o conselleiro de Transporte e Infraestructuras da Comunidade de Madrid, a cousa é todavía máis divertida. Resulta que o responsable rexional de transportes da Comunidade dixo no parlamento autonómico que o "metrobús NON EXISTÍA", referíndose ao abono de 10 viaxes para metro e autobús co que conta a Comunidade dende o ano 1998. Véndense case que dous millóns de títulos ao mes. A cousa é todavía pior cando ves o video da sesión e ves como Echeverría mófase do seu rival político por falar de algo que, para el, non existía: o metrobus.
O que eu diga. Teñen que ser os mocos. Nesta época do ano abundan as alerxias e os catarros e coma os políticos andan tan ocupados con esto da crise non os poden soar e van para o cerebro. E logo pasa o que pasa.

MULTAS PROPORCIONAIS E TRANSPARENCIA

Comeza eiquí a serie de “Artigos en Profundidade” prometida. O noso primeiro artigo é sobre a necesidade (ou non) de instaurar en España o pago de impostos, multas, tasas, etc en función á renda de cada cidadán, utilizando o exemplo das multas de tráfico. O post tamén trata, ao final, sobre unha serie de xeitos de loitar conta a corrupción nas Administracións Públicas que tamén creo que poden dar lugar a debate.
IMPOSTOS E SANCIÓNS
Unha cualidade importante dos sistemas de impostos é como varían a medida que aumenta a base impoñible á que se aplica o imposto. Normalmente esta base é un valor relacionado cos ingresos ou rendas dun certo individuo. Segundo a variación da cuantía porcentual do imposto estes clasifícanse en:
• Imposto plano ou proporcional, cando a porcentaxe non depende da renda do individuo.
• Imposto progresivo, cando a maior ganancia ou renda, maior é a porcentaxe de impostos sobre a base.
En España temos estes dous tipos de impostos. O Plano sería, por exemplo, o imposto sobre o valor engadido (IVE) e como exemplo de progresivo temos a coñecida como Declaración da Renda.
Por outro lado temos en España, como en moitos outros países, outra figura coñecida como infraccións tributarias. A normativa asigna a cada infracción unha clasificación pola súa gravidade e unha sanción para o contribuinte que a cometa, por acción ou omisión.
As infraccións tributarias sanciónanse coa imposición de castigos de caracter económico e, en determinados casos, a sanción económica pode ir acompañada doutra accesoria que pode supoñer a perda de determinados dereitos (por exemplo o carnet por puntos e as infraccións de tráfico).
Canto ás sancións económicas, estas poden consistir nunha multa fixa ou proporcional. As multas fixas son aquelas que asignan un importe determinado como sanción por unha infracción. Por exemplo, a presentación dunha declaración errónea, sen que esta supoña prexuizo económico, supón unha sanción de 150 euros.
As multas proporcionais son as que se sancionan cunha cantidade variable e se calculan aplicando unha determinada porcentaxe sobre a repercusión económica da infracción. Por exemplo, a infracción por deixar de ingresar unha débeda tributaria supón o 50% da cantidade non pagada.

PROPOSTA
Partindo desta introducción, é dicir, de que en España existan impostos planos e progresivos e de que existan tamén sancións económicas fixas e proporcionais o que propoñemos en Xornal Aberto é que, para empezar, as coñecidas como “multas de tráfico” sexan proporcionais ás rendas ou patrimonio dos infractores. E digo para empezar porque realmente consideramos que todos os impostos, sancións, taxas, becas, etc deberían atender a este mesmo criterio.
Pero imos ao que imos. Se coas “multas de tráfico” o que o goberno quere é reducir os accidentes de tráfico e as mortes por esta causa en España, as multas cumpren pois unha función coercitiva que, coa entrada en vigor ademais do carnet por puntos, queda bastante clara. E se ademais da función coercitiva o Estado, como é lóxico, busca recaudar fondos, o modelo que propoño de multas proporcionais aos ingresos sería perfecto.
Os motivos que me levan a pensar isto son fáciles de expoñer. Non é o mesmo unha multa de, por exemplo, 300 euros para unha persoa que ten unha renda mensual de 1000 euros que para outra que ten unha renda de 3000 euros, por poñer un exemplo. Baixo esta visión parece claro que a labor coercitiva non é a mesma nun caso que noutro.
En Finlandia este medida aplícase en determinados casos e funciona bastante ben. Claro que seguro que hai casos que poden dar lugar a discusións pero, en termos xerais, paréceme axeitado. O pago de sanciós (impostos, taxas, etc) en función da renda dos individuos é máis equitativa. Claro está que deberían existir uns valores mínimos de pago, unhas táboas moi pensadas e un bo cruce de datos entre todas as administracións pero coido que no ano 2011 esto debe ser máis que posible. O resultado final sería unha maior equidade, maiores ingresos para o Estado, e maior efectividade das medidas administrativas punitivas.
TRANSPARENCIA
Para argumentar o que acabo de expoñer sobre as multas proporcionais estiven mirando diversas páxinas sobre a aplicación desta medida en Finlandia e ao investigar sobre esta normativa no país escandinavo atopei outras cousas interesantes que agora os conto.
Finlandia foi recoñecido internacionalmente como a nación menos corrupta do planeta. Unha parte deste éxito baséase na estricta moralidade imperante no país (algo que en España non temos) pero tamén nunhas políticas estatais baseadas no principio da transparencia.
Así, en Finlandia calquera compra que realicen as Administracións Públicas, dende un coche oficial ata un paquete de post-its, ten que executarse a prezos de mercado e incluir, necesariamente, tres ofertas de proveedores distintos, para poder elixir a máis baixa. Sempre, sen excepcións.
O principio de transparencia total das Administracións públicas é tal que calquera decisión tomada por un funcionario público dentro do desempeño da súa profesión (excepto as relacionadas coa seguridade) poden ser coñecidas polo resto dos cidadáns. Ninguén pode negarse a satisfacer as necesidades de información, non só dos xornalistas senón dos votantes.
O principio de transparencia tamén afecta ás contas dos cidadáns. Os fineses poden saber cales son os ingresos declarados de todos os residentes no país, xa sexa unha persona que cobre o desemprego, o artista de maior éxito ou o máximo executivo de Nokia.
Tamén hai que destacar a ausencia de cargos de designación política: En Finlandia os secretarios de Estado son funcionarios de carreira que alcanzan o posto superando probas obxectivas.
E por último o principio de proporcionalidade no castigo. A cuantía das multas por violar as normas soe ser proporcional aos ingresos dos individuos e das empresas.
En resumo, un novo tema de debate do que espero as vosas opinións.

Fontes:
Wikipedia
Pymes y Autónomos
Blog Por Antonomasia
Blog Os cuento
SEGUIMOS COS CONTROLADORES

Unha vez expostas en anteriores posts as miñas reflexións sobre o tema do Estado de Alarma, dos controladores e todas esas vainas e, para que vexades que non estou tan tolo como poda parecer (si un pouco pero non tanto) os deixo eiquí un enlace a un artigo de opinión asinado hoxe no Pravda (El País) polo avogado José María Ruiz Soroa. Titúlase "¿Hemos perdido el juicio?" e, aínda que non o suscribo absolutamente si que comparto moitos dos seus razoamentos. Creo que lelo pode dar lugar a un bo debate. Xa me diredes.
ESTADO DE ALARMA
Esta mesma tarde, o Congreso dos Deputados escoitará as razóns que o Goberno esgrime para ampliar o Estado de Alarma no que España vive inmersa dende o pasado 4 de decembro. Xa sabedes que, no seu momento, apoiei esta medida tomada polo Goberno para "tourear" unha situación como a que España estaba a vivir pola folga salvaxe levada a cabo polos controladores. E a respaldei a pesares de que, para o que escrebe, deixar as cousa nas mans dos militares é unha das peores cousas que pode facer unha democracia (temos exemplos máis que sobrados neste campo). Agora ben, ante a solicitude do Goberno ao Parlamento de ampliar o Estado de Alarma debo estar absolutamente en contra. Como ben di a propia expresión (Estado de Alarma) esta é unha medida para tomar en situacións excepcionais e coido que, nestes intres, non se da esta situación. Ten que haber ao alcance do goberno mecanismos máis que suficentes para poder controlar calquera situación de protestas laborais que o colectivo dos controladores poida poñer en marcha para reivindicar o que eles consideran como un recorte dos seus dereitos como traballadores. Non creo que unha amplicación do Estado de Alarma sexa a solución.
Ademais, como dixen no post anterior, empezo a estar farto de falar dos controladores cando en España están a acontecer cousas moito máis graves sobre as que debater. De feito, hoxe o Congreso ratificará a supresión, dende o vindeiro mes de febreiro, do PRODI (programa temporal de protección por desempleo o inserción) polo que 300.000 persoas ao mes en España recibían 426 euros. Hai que lembrar que esta axuda é para aquelas persoas que teñen agotado as prestacións por desempleo e que constitúen o balon de oxíxeno que permite a moitas familias sobrevivir a fin de mes nestes duros tempos nos que estamos a vivir. Deixemos de tirar cortinas de fume como a do Estado de Alarma e falemos do realmente importante...que vai facer a xente que deixará de cobrar a partires de febreiro o PRODI?

INDIGNACIÓN

Estes días a política nacional anda ao son que marca o conflicto vivido a pasada fin de semana co tema dos controladores aéreos. É a primeira vez que España vive un Estado de Alarma e, a pesares de que xa comezan a escoitarse voces (case que todas populares) críticas coa actuación do goberno a min, a verdade, paréceme que se actuou correctamente. Ante un órdago como o lanzado polo colectivo de controladores aéreos non quedaba outra solución que solventar a situación do xeito máis rápido posible e isto é o que fixo o Goberno. Ben é certo que non me gusta iso que se está a dicir sobre prolongar o Estado de Alarma para garantir o bo funcionamento dos aeroportos en Nadal (o tema de darlle marxe de acción ao exército nunca me gustou moito) pero creo que o Goberno actuou de xeito correcto. O dos controladores non ten moito sentido. Se queren facer reivindicacións de tipo laboral, que teñen todo o dereito, teñen instrumentos máis que de sobra para facelos (convocatoria de folga, etc) pero chantaxear a todo un país para o mantenemento duna serie de privilexios laborais coa que está a caer en España paréceme algo fora de toda lóxica. Seguro que a situación laboral dos controladores empeorou coas últimas reformas que se están a facer dende o goberno e que están descontentos con elas pero hai xeitos e xeitos de protestar e o que escolleron non é de recibo. Ata aquí os parabéns ao Goberno.
Resulta que o Goberno de España ven de aprobar o seu último paquete de medidas para loitar contra a crise económica -aínda que mellor habería que dicir para congraciarse con mandamases económicos europeos. Neste último paquete de medidas se contempla a supresión, dende o vindeiro mes de febreiro, do PRODI (programa temporal de protección por desempleo o inserción) polo que 300.000 persoas ao mes en España recibían 426 euros. Hai que lembrar que esta axuda é para aquelas persoas que teñen agotado as prestacións por desempleo e que constitúen o balon de oxíxeno que permite a moitas familias sobrevivir a fin de mes nestes duros tempos nos que estamos a vivir.
Está claro que o Estado está a gastar ao ano cerca de 1500 millóns de euros nestas axudas pero a supresión da mesma non debe ser vista como un aforro para as arcas do Estado ou un xeito de reducir o deficit do país, senón que debe ser vista como a traición máis grande que teño visto cometer por un goberno que se autodenomina progresista ou de esquerdas, contra a clase máis desfavorecida do país. A verdade é que me repugna ver como un partido político que no seu nome leva a palabra "Socialista" e como un goberno que se cansou de repetir que estaría ao lado das persoas máis desfavorecidas abandoa agora a estas a súa sorte.
O que está a facer o goberno coa supresión do PRODI vai ter unhas consecuencias difíciles de calcular. Non só a nivel económico -debo lembrarlle a ZP que eses cartos utilízanse para mercar alimentos, roupas, etc e non para almacenar nunha conta corrente en Suiza coas consecuencias que iso vai ter para o mercado interno do país- senón a nivel social porque, que vai facer a xente que ata o momento malvivía con esta axuda? non lle vai a dar de comer aos seus fillos? vai quedar na casa sen facer nada?
Señor Zapatero: Rectifique. Rectifique e lembre, se é que ten memoria e decencia, por qué comezou nesto da política e por qué entrou no partido socialista. Todos cometemos erros na vida e todos temos dereito a equivocarnos pero o que vostede está a facer neste momento é unha das accións máis baixas que lle vin facer a un presidente de goberno en España. Como dicía é unha traición a un sector da poboación que confiaba en vostede e non só a eles senón tamén a unha parte importate da poboación que, ata o de agora, veía en vostede a unha persoa con principios ao que as presións que está a sufrir o levaban a tomar decisións en contra da súa vontade (pensións, funcionarios, axudas á banca, etc) pero que dende agora o verán simplemente como un traidor.
Para os economistas a cousa é clara. Sairemos da crise tomando unha serie de medidas (como as que está a tomar o Goberno) que producirán un "reaxuste" na nosa economía e nos premitirá crecer pero ese "reaxuste" do que falan non é máis que miseria, sufrimento, dor, exclusión social e morte para un importante número de conciudadáns que, por outra banda, no son responsables da crise que estamos a vivir.
A foto que ilustra este post saqueina do blog http://oddtrend.blogspot.com/

OS LUMES E FEIJÓO

Na Galiza levamos un mes de agosto compricado co tema dos lumes forestais. Preto de Santiago, en concellos como Brión ou Negreira, arderon estes días moitas hectáreas de monte e, como cada vez que arde o monte, a un lle dan gañas de empezar a pegar tiros. Xa morreron dous brigadistas en Fornelos de Montes e, ao paso que imos, morreran mais porque os lumes que están a queimar Galiza estes días son lumes provocados. Non son despistes de que alguén tira a cabicha do cigarro dende o coche ou unha barbacoa que se descontrola. Son lumes provocados que se inician en varios sitios á vez, ás costas dos medios de loita contra eles, etc. Hoxe colleron a dous homes como presuntos autores de senllos incendios forestais dos que asolaron Galiza estes días. Ambos teñen 63 anos e, polo momento, non trascendeu que foran enfermos mentais nin nada parecido. Son simplemente fillos de puta que por algún interese particular están a por en risco, non só a vida de moitos galegos, senón tamén un dos nosos principais patrimonios: a natureza.
E como en Galiza somos así, hoxe toca facer política tamén dos lumes. Agora parece ser que dende a Consellería de Medio Rural non se quere facilitar información sobre superficies queimadas e estas cousas porque "pode incitar á xente a plantar lume". Aínda me lembro cando, no ano 2006, cando Galiza foi asolada pola maior vaga de lume que lembro e o conselleiro de Medio Rural, o bloqueiro Suárez Canal, daba varios balances diarios da situación dos lumes. a xente do PP o criticaba por dar pouca información. Manda Carallo!!
Lémborme tamén, porque teño boa memoria, dunha circular do PP da Coruña, asinada pola hoxe alcaldesa de Betanzos Maria Faraldo, aos concellos onde gobernaba o partido dirixido xa por Alberto Núñez Feijóo para instar aos seus alcaldes a atrasar a creación das brigadas contraincendios, e a firma dos convenios con Medio Rural, para facer presión política independentemente do custe que isto tivese para o país.
Tamén me lembro de como o hoxe desaparecido presidente da Xunta (e digo desaparecido porque co protagonista que sempre é, con isto dos lumes non se lle ve por ningures) destacara ante os medios, trala morte de dúas mulleres nun lume, que esa era “a primeira vez en quince anos” que alguén alleo ao persoal de extinción de incendios falecía a causa do lume algo que, polo tanto, non ocorrera co PP gobernando Galiza.
De todos os xeitos, do que mais me lembro era de como o PP trataba de sacar partido político dos lumes no 2006 inclusive con erros de bulto, en materia de comunicación, como aquela foto de Feijóo facendo que apagada un lume vestidito de "pijo" e que hoxe preside este post. Que tempos é presidente?

DEBATE-BATE
Hoxe chegoume ao buzón do mail un correo con un video que creo que todos debemos ver e logo discutir. É un tema que foi portada en moitos medios (a maior parte deles da caverna mediática madrileña, que diría Laporta) hai algúns meses pero que a min pasárame inadvertido. Seguro que moitos xa o víchedes pero senón é así este é un bo momento para facelo. Gustaríame tamén que despois de velo deixárades comentarios co que pensades sobre o mesmo para, deste xeito, establecer un debate aberto. De feito, a miña opinión tamén vai a ser emitida a través dos comentarios e non neste post. Xa me contades.
PD: Gracias aos dos amigos que me enviaron o video ao mail porque sen eles este debate non se produciría.
A MALDICIÓN DOS "VARELA"
Antes de nada quero pedirlle excusas a todas as persoas que se apeliden "Varela" porque a cousa non vai con eles. Cando me refiro á maldición dos "Varela" o fago pensando só naqueles que, con este apelido, ocupan ou ocuparon o cargo de conselleiros de Cultura da Xunta de Galicia. E cando falo de maldición estou a ser bo con eles porque, ou é unha maldición, ou é un caso de estulticia supina.
O caso é que o actual conselleiro de Cultura, o señor Roberto Varela, acaba de meter a pata como outros antecesores seus co mesmo apelido. Resulta que hai uns días, concretamente no Parlamento galego, preguntáronlle ao conselleiro por unha presentación súa no marco do Fitur deste ano. Concretamente "acusábano"de castelanizar os nomes dos concellos de Sobrado dos Monxes e Touro. Dicían os "inconscentes"que o conselleiro falara de "Desván de los Monjes" (que manda carallo) e de "Toro" no medio dunha ponencia e o señor Varela contestou do seguinte xeito no Parlamento: "Hay que ser estúpido para pensar que voy a decir Desván de los Monjes".
Pois non señor Varela, non hai que ser estúpido por pensar que o fose dicir. Hai que ser estúpido por dicilo, e moito máis estúpido por pensar que, nos tempos nos que estamos, non ía aparecer ese gazapo seu no internet.
De todos os xeitos, estou convencido que este home aínda ten moito que loitar para chegar a meter o zoco tanto como aquel outro Varela que rexiu os destiños da cultura galega durante o goberno do señor Fraga: Xesús Pérez Varela. Aínda me lembro do seu Carmina Burana (unha das boas cantantes deste país) ou da súa presentación da programación do Xacobeo 2004. Son momentos históricos da historia do país que parece que o señor Roberto Varela quere superar. Leva so un ano no cargo pero ben con moita forza...
O gazapo está pouco despois do minuto 1 do video.
9 de marzo de 2010
Publicado por Adycto
ROSA DÍEZ
A política mellor valorada polos españois na derradeira enquisa do CIS, Rosa Díez, mostrou de novo, nunha entrevista concedida onte pola noite ao xornalista Iñaki Gabilondo en CNN+, o actual nivel dos políticos cos que conta España. Preguntada polo xornalista por como definiría ao actual presidente do goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, a deputada constestou "gallego en el sentido más peyorativo del término". Segundo o diccionario da Real Academia Española, o termo galego serve para definir a alguén tonto ou tatexo (tartamudo), concretamente en Costa Rica e no Salvador.
Ademais, alo menos polo momento, a señora Rosa Díaz non quixo rectificar as súas declaracións, nin matizalas, nin engadirlle nada mais. Os galegos temos claro hai tempo cal é o xeito de facer política desta señora xa que a tivemos de "tourné "pola nosa terra non hai moito tempo para defender un movimento tan "tolerante" como "Galicia Bilingüe". Un "movimento popular" que trata de rematar coa "imposición" do galego en Galiza. É dicir, trata de loitar contra que en Galiza se fale galego. É dicir, trata de evitar que nun territorio cunha lingua propia esa lingua non se ensine nas escolas obrigatoriamente. É dicir, trata de evitar que se protexa un idioma como o galego (claramente desfavorecido na mairía dos ámbitos) que é para todos nos (falemos ou non galego) un tesouro cultural de moito máis valor que a propia catedral de Santiago.
A verdade é que pouco esperaba desta señora e que, máis que rabia, o que hoxe sintoo é pena por saber que unha deputada pensa e actúa do xeito no que o fai Rosa Díez. Iso sí, logo cando nas eleccións veñas por estas terras a facer campaña non te sorprendas porque algúns "radicais", "independentistas", "terroristas", "sectarios" (seguro que así nos calificaran moitos) vaiamos a dicirche o que pensamos de xente coma ti. Seguro que nese caso dirán que somos uns intolerantes e uns maleducados. O teu, sen embargo, é de persoas educadas e tolerantes.
Vaia país España onde a política mellor valorada é Rosa Díez. Se xa o dicía Larra....En este país!!!
A xa tristemente famosa resposta de Rosa Díez está entre os minutos 5 e 6 do video.
24 de febreiro de 2010
Publicado por Adycto
HAI 29 ANOS.
Hai moitas datas que lembramos cun número e unha letra. As hai mais recentes como o 11-m ou o 11-s e outras que se perden un pouco mais nas nosas memorias como o 23-f. Hoxe quero falar desta última: o 23-f. Pasaron xa 29 anos dende que o teniente coronel da Garda Civil Antonio Tejero irrumpise no Congreso dos Deputados para dar o "seu" famoso golpe de estado e, con motivo deste aniversario, quero deixar eiquí escritas as miñas impresións sobre ese día. Non vai a ser un post histórico nin trascendente senón tan só unha lembranza das miñas sensacións sobre ese día. O 23 de febreiro de 1981 eu tiña tan só 6 anos polo que as miñas lembranzas sobre esa data son as dun neno que, sen saber moi ben como, era consciente de que algo extraño pasaba xa que as cousas "raras" sucedéronse ese día e, por primeira vez, vin aos meus pais preocupados de verdade. Lémbrome de que cando cheguei do colexio, xunto co meu irmán, recibín a miña primeira sorpresa: o meu pai estaba na casa. Non era normal que o meu pai estivera na casa a esas horas xa que, como moitos homes e mulleres neses tempos, o pluriemprego era unha forma de vida e a súa presencia en casa pola semán era máis ben escasa (aínda que todo hai que dicilo sempre chegaba a casa antes de que meu irmán e mais eu marcháramos para cama).
Pois iso, o meu pai estaba xa na casa e, ademais, tiña cara como de botarnos unha bronca desas que tantas veces merecíamos pero, en contra do que eu poidese pensar nese intre, non nos caeu ningunha bronca senón mais ben todo o contrario. Todo foron "albricias e cuchufletas" cando chegamos aínda que a súa cara transmitira preocupación. Como todos os días, miña nai deunos a merenda e meteunos no "carto dos xoguetes". Todo moi normal. Sen embargo, meu pai e miña nai non paraban de cuchichear e permanecían "pegados" á radio e cando nos achegábamos a eles para demandarlles calquera cousa (basicamente atención) eles nos daban largas e nos mandaban calar para escoitar mellor a radio.
Despois mandáronnos a ver a tele e, para miña sorpresa e do meu irmán, a tele non estaba coa programación habitual senón emitindo cousas que, aínda que non lembro moi ben cales eran, entretivéronnos bastante. De feito, rapidamente chegou a hora de cenar e de meternos na cama e, foi nese intre, cando chegou a enésima noticia incrible dese día: ao día seguinte non teríamos que ir ao colexio. Lémbrome que o meu irmán, xa cando estabamos metidos nas nosas camas, estaba feliz (odiaba ir ao cole) e non paraba de dicirme todo o que íamos facer ao día seguinte cun día sen cole e lémbrome tamén de que eu seguía abraiado porque, ata que o sono venceume, podía ver por baixo da porta a luz da habitación na que estaban os meus pais escoitando a radio.
Non son grandes lembranzas pero son as miñas lembranzas sobre un día que marcou a transición democrática española. Caras preocupadas, radio, cousas raras na tele e ao día seguinte non ter que ir ao cole. Co paso dos anos falei cos meus pais sobre ese día e as súas lembanzas non coincidían, como é lóxico, coas miñas. Para min foi un día estrano pero feliz. O meu pai estaba na casa, non se preocuparon porque fixéramos os deberes e ao día seguinte non tiñamos que ir ao cole.
POLÍTICOS HEREXES
Para os que non estiverades atentos estes días aos xornais, teles, etc debo informaros de que a Santa Igrexa Católica entrou nunha nova guerra. En concreto está en guerra aberta contra o aborto. Seica para os obispos, o dereito á vida é "o dereito fundamental dos dereitos fundamentais". De ahí que o secretario xeral e portavoz da Conferencia Episcopal, Juan Antonio Martínez Camino, (que excelente persoa) advertise estes días aos políticos que apoien á nova lei do aborto que se convertirán en "pecadores públicos" e, polo tanto, non poderán comulgar. E ata poden convertirse en herexes e excomulgados, se defenden que é lexítimo "quitar a vida a un inocente". Se cadra para asustar (como sempre fixo a Igrexa) Camino explicou tamén as penas canónicas que recaen sobre os políticos ou os que colaboren co aborto.Eu xa estaba a ver nesto de mostrarse favorable ao aborto a miña saída das listas da Igrexa Católica pola vía da excomunión pero o Camino, que de tonto non ten un pelo, matizou que para ser excomulgado hai que ser "cooperador directo e necesario nun aborto realizado". Outro tren que se me escapa.
Como non teño moito tempo para profundizar no tema, e tampouco moitas gañas de facer de altofalante da Igrexa, só unha cuestión para os nosos avezados lectores. Significan as palabras de Martínez Camino que a Igrexa vaille retirar a posibilidade de comulgar ao Rei de España por promulgar a Lei do Aborto? Será este o comezo da separación entre Igrexa e Coroa?
FRAGA E AVA GADNER

Hai uns días, o escritor Pepe Monteserín conversou durante catro horas con Manuel Fraga, ex presidente da Xunta, senador, presidente de honra d0 PP e figura PERMANENTEMENTE presente na vida vida pública dos últimos 60 anos. A entrevista, na que ía profundizando na vida e traxectoria política de Fraguel, foi publicada en tres días seguidos no Faro de Vigo e ten a peculiaridade de que as preguntas fixéronse por orde alfabético. Para os que non tiverades o inmenso placer de lela aquí a tedes por capítulos: entrevista 1, entrevista 2, entrevista 3 pero, para os que non teñades moito tempo ou interese, os dixo eiquí un brevísimo resumo do que a min máis me chamou a atención.Das moitas preguntas e respostas realizadas na entrevista eu quedo só con cinco que non son nin as mellores nin as piores, son so as que a min mais me gustaron. A entrevista, en todo caso, non ten desperdicio.
Pregunta (P): Qué piensa de la pastilla poscoital?
Resposta (R): Es un disparate. Parece que todo el mundo está preocupado por dar facilidades a la fornicación.
P:¿Durará una década esta crisis?
R:Empezó por negarse y cuando se niega una realidad, no se hace buena política. Con Aznar estábamos en buen momento económico, lo cual no quiere decir que no hubiera habido algún error en política exterior con Bush, a quien se le dio una categoría que no tenía. Pero fue un momento de prosperidad para España y se ha estropeado.
P:¿Ni un idilio con Ava Gardner?
R:Me invitó a tomar unas copas y yo, con gran sorpresa de ella, me excusé porque estaba muy ocupado. A los pocos días, en casa de otra persona, me vio llegar a la misma mesa y se fue. No le pareció bien lo que le había hecho.
P:Oí que los senadores no creen en el Cielo.
R:¿Por qué?
P:Son incapaces de imaginar una vida mejor.
R:A los senadores nos falta trabajo, posibilidad de que nuestros acuerdos sean respetados por el Congreso, que puede echar abajo cualquier acuerdo del Senado, lo cual es contrario al principio de bicameralidad. No obstante, este despacho ha sido mi salvación.
FEIJ0009 PRESIDENTE (de España)

Ademais do choio novo, que non me deixa tempo para case que nada, ando tamén liado preparando as cousas para a boda do meu irmán así que o tempo para Xornal Aberto cada vez é máis reducido. Aínda así, hoxe toca escribir ago e vouno facer sobre un interesantísimo artigo titulado ¿Qué quiere Feijóo? e publicado hoxe no xornal El País por Antón Baamonde. Eu son dos que pensa que o de Feij009 na presidencia da Xunta non é máis que un peldaño na súa ascención á candidatura para a presidencia do goberno de España pero, ata o de agora, era só unha intuición sen moita firmeza nos argumentos. Despois de ler o artigo de Baamonde e analizar os seus argumentos sobre este tema quedo moito máis tranquilo. Coincido plenamente. Non deixedes de lelo.
RESACA ELECTORAL

Xa quedaron atrás as eleccións europeas, esas nas que parece que non nos xogamos nada pero que logo teñen máis importancia que moitas das outras, e a resaca deixa lugar a moitos tipos de análise. En primeiro lugar, a nivel europeo, parece que a "dereita" gaña con rotundidade e que as opcións "socialistas" reciberon un duro varapalo. No tocante a España as cousas xiran entorno a dous polos: o do PP que fala de triunfo claro e o do PSOE que fala de derrota doce. A verdade é que eu son dos que pensaba (supoño que moitos dentros do PP tamén) que o partido de Madiano (nanano) íalle dar unha boa "mantida" ao de ZP, por esto da crise e esas cousas, e aínda que é certo que gañaron con claridade (case que catro puntos porcentuais); creo que os "genoveses" non andan contentos de todo. No caso dos sociatas, como ben explicou a secretaria xeral (eu son dos que pensa que é un robot), a derrota foi tal pero menos do que contaban co cal, tal e como están as cousas, é para darse cun canto nos dentes.
No caso de Galiza os datos son clarificadores. O BNG descendeu a cifras de apoio de hai 16 anos (seguen en caída libre), o PSdG aguanta o tirón e o PP de Feij009 segue en racha acadando cifras de apoio das que xa nos olvidaramos neste país. De feito en 288 dos 315 concellos galegos gañou con o PP (en nove de cada dez concellos), nas sete grandes cidades os votos obtidos achéganse aos necesarios para gobernar nas futuras municipais e, a nivel provincial, na provincia de Lugo os votos ao PP acadaron o 54%; na de Ourense o 55% e nas de Pontevedra e Coruña o 49%. Casi nada. Voltamos a datos doutras épocas.
Con estes datos pouco hai que dicir: o terremoto Feij009 segue en marcha....
O AVE GALEGO (I)
Non vai ser o excelente post prometido con motivo das 500 entradas de Xornal Aberto pero é o que me sae do corazón. Hoxe o ministro de Fomento, Pepiño Blanco, anunciou que a vía de Alta Velocidade galega vai sufrir un novo cambio no seu trazado: vai a pasar por Lugo. Non é que me pareza mal que a capital lucense quede incluida no novo trazado do AVE deseñado por Pepiño, faltaría máis, senón que me parece unha mostra máis do "chorreo" a que nos están a someter aos galegos co tema do tren de alta velocidade. Xa non me lembro dende cando os sucesivos gobernos galegos levan dicíndolle aos seus cidadáns que en pouco tempo todos poderemos viaxar en alta velocidade pero o que creo é que, de aquí a que chegue o AVE a Galiza, en Cataluña seguro que se teletransportan.Imos pois a facer un percorrido pola hemeroteca da Voz para tratar de lembrarlle aos nosos lectores o cúmulo de mentiras que nos contaron os nosos políticos, nestes últimos 10 anos. A realidade é que, en outubro de 2000, o entón conselleiro de fomento galego, o desaparecido Cuiña Crespo, falaba, tras unha reunión co secretario de Estado de Infraestructuras en Madrid, de que "cumpriranse os prazos" que din que no 2006 Madrid estará unido coas cidades galegas polo AVE. Un par de meses despois, Cuiña dicía que antes do 2007 os galegos terían AVE e, en marzo de 2001 a Xunta, a través do seu secretario xeral de Transportes afirmaba que "o AVE chegará a Ferrol en 2007". Uns meses despois, concretamente o 26 de abril de 2001, Fraga "cedía ante Fomento" é resignábase a que a conexión coa Meseta chegara no 2010, aínda que a conexión Oporto-Vigo-Coruña chegara en 2007. Cara finais do ano 2001 as cousas xa non estaban tan claras e empezaron a escoitarse voces discordantes. Así, en setembro de 2001, a Voz falaba de que "seis comunidades autónomas recibirían máis inversión que Galiza para o AVE" e os socialistas, a través do deputado Guillermo Hernández, afirmaban que o AVE entraría tarde en servicio "probablemente a partir de 2008" (jejeje). En outubro de 2001, Cascos xa falaba do "horizonte do 2010" para o AVE galego (jejeje).
O ano 2002 comezou co compromiso de Fomento de ter listo para finais do ano o "trazado exacto do futuro AVE galego" e, mentres tanto, a Xunta de Manuel Fraga reuníase con uns e con outros para tratar de consensuar o trazado (o maldito localismo galego). Mentres, o que despois sería presidente da Xunta, o señor Touriño, afirmaba que Galiza tería "o AVE máis lento e barato de España" (como se el fisexe algo despois). Este ano 2002 foi pois o ano das disputas entre as cidades galegas polo trazado pero tamén o ano das propostas máis inverosímiles como a de que "o AVE podería alimentarse de enerxía eólica". E, de súpeto, chegou o Prestiege e Galiza cambiou de conselleiro de Fomento (Nuñez Feijoo sustituiu a Cuiña) e o goberno Aznar invetou o Plan Galicia, co que pouco menos que íamos ter AVE a todos os lados e en 5 anos.
O ano 2003 comezou pois coa celebración dun Consello de Ministros na cidade de A Coruña e as promesas populares eleváronse ata o infinito e mais aló. O Goberno de Aznar creou o Plan Galicia e, dentro dese plan, o AVE sería a estrela. Así, Madrid comprometíase a que Galiza tivese un "AVE auténtico ata Madrid e outro de salida para Europa" e, aínda que non concretaba datas falaba de axilizar as obras e do "horizonte 2010". E parece que a maioría creuse a historia. Polo menos Nuñez Feijoo que, por aquel entonces, afirmaba que "o aval de Aznar garantiza o AVE".
En marzo de 2003, Casos e Fraga colocaban as primeiras travesas do AVE en Ordes e Barro e en abril dese mesmo ano, o actual presidente da Xunta afirmaba que as actuacións do Plan Galicia ían con 3 meses de adianto e que no 2010 estaría realizada a conexión coa meseta. Corina, sempre tan especial ela, afirmaba, en maio dese mesmo ano, que a súa proposta contemplaba a "entrada en Vigo do AVE baixo terra". Pero a pesar de todo, Fraga e os seus seguían inaugurando tramos de vía. Así, en xullo de 2003, Fraga, Cascos e Madiano inauguraron 10 Kms de vía do AVE. A todo esto, os galegos concedémoslle a Cascos a Medalla de Ouro de Galicia (a pesares de ser un dos responsables políticos da traxedia do Prestiege) e Fraga afirmou fachendoso ante a crítica dos socialistas que "algúns se van a tragar algo máis que unha medalla".
O alcalde de Santiago, o señor Bugallo, tamén foi dos que creu todo isto e chegou a afirmar que o AVE estaría na capital galega en 2007 mentres os veciños de Ferrol, pobres deles, estaban preocupados polo ruido que ía ocasionar a chegada do AVE á cidade. Cara final de ano, sen embargo, chegaba outra decepción: Fomento descartaba rematar o Eixo Atlántico do AVE antes de 2007 (jejeje).
No seguinte post lembraremos as mentiras do AVE dende 2004 ata 2008. Estade atentos.
PD: A foto que ilustra este post está recollida da web: www.vialibre-ffe.com