Publicado por : Adycto
4 de marzo de 2014
Por unha vez e, sen que sirva de precedente, estamos de acordo con algo do que dí Mariano Rajoy. Referímonos á metáfora que hai uns días utilizou o presidente para falar sobre a situación económica española cando, no Debate, dixo aquilo de "Hemos cruzado el Cabo de Hornos".
Parécenos un símil moi acertado, aínda que por razóns seguramente moi diferentes ás que o presidente do goberno trataba de transmitir á cidadanía.
Parécenos un símil moi acertado, aínda que por razóns seguramente moi diferentes ás que o presidente do goberno trataba de transmitir á cidadanía.
Mariano, co símil de cruzar o Cabo de Hornos, tentaba dicirnos que os ventos amainaran e que as condicións de navegavilidade melloraran, é dicir, que a economía española atópase en augas máis calmas e con ventos máis favorables. Para nós, o símil de cruzar o Cabo de Hornos resume perfectamente o camiño percorrido pola economía española nos últimos tempos: unha ruta equivocada e en desuso para saír da crise que, ademáis, ven cargada de perigosos ventos, enormes ondas e do risco engadido de atopar icebergs a cada paso.
Dende que hai un século abríuse a Canle de Panamá, tan de moda agora por cousas da Marca España, as rutas marítimas deixaron de pasar polo Cabo de Hornos para chegar a Oriente. As estradas e os ferrocarrís construídos en diversos países do continente americano axudaron tamén a que a
navegación mercante ao redor do Cabo quedase só para as naves de gran tamaño, como portavións e pretroleiros, que polas súas dimensións non podían cruzar por Panamá.
O camiño por Panamá é máis rápido, con menos riscos para as mercadorías
e con moito menos sufrimento para as tripulacións. Sen embargo, Mariano
e o seu goberno empeñáronse en que a economía española cruzase polo
Cabo de Hornos, coas conseguintes consecuencias: recortes, paro, fame, etc.
Na actualidade, navegar nas augas do Cabo de Hornos considérase aínda un dos meirandes retos náuticos que se poden afrontar, así que non hai que descartar que Mariano levara á economía española por Hornos, en troques de por Panamá, simplemente para presumir da proeza diante dos seus amigos porque, se é por outro motivo, non acabamos de entendelo.
Publicar un comentario