Amosando publicacións coa etiqueta Crónicas da emigración b>. Amosar todas as publicacións
PortPatrick
Estamos encantados coa vida en PortPatrick, a verdade. A vila é tranquila e as xentes moi amigables. Ademais, ao ser un antigo porto pesqueiro e a actual base dun equipo dos LifeGuards, a vida faise mirando cara o mar, algo moi galego tamén. E cando hai mal tempo as imaxes son espectaculares. Exemplo disto é este video rodado o tres de xaneiro deste ano no Paseo Martítimo de PortPatrick. Por certo, en PortPatrick, como en innumerables vilas galegas, o paseo marítimo fíxose con cargo aos fondos FEDER da UE. Faríase algo mais con estes fondos de cohesión que paseos marítimos?
Golpe de Sorte (Lucky Strike)
Ás veces a vida sorpréndeche cun golpe de sorte co que non contabas e, de repente, aparéceche como un medio sorriso tonto nos beizos -nos levamos con el 24 horas- que fai que todo pareza moito mellor do que realmente é. Antes de que empecedes a imaxinar que tocounos a Lottery ou algo semellante, dicirvos que nada ten que ver cos cartos. Seguimos tan pobres como hai tres días pero, nin con esas, somos capaces de borrar este sorriso idiota.
Por que Scotland Yard?
Unha das cousas que aprendimos o pouco de chegar a Dumfries é que a policía por estas terras chámase police e non Scotland Yard. O motivo é que Scotland Yard é o nome que recibe a policia metropolitán da capital inglesa, aos que se lles coñece como "bobbies" porque, alá polo 1829 e sendo Sir Robert Peel ministro do Interior foi cando aprobouse a lei que estableceu a primeira policía metropolitán. Como o nome do ministro era Robert, que ten en Bob o seu diminutivo, a xente da época comezou a chamarlles bobbies, algo así como os fillos de Bob, e quedoulles.
Stranraer
A Sorpresa
Unha parella valenciana que regresa de México, onde marchou por motivos laboráis, emociona cun video no Youtube titulado "La Sorpresa" no que conta como regresaron de vacacions sen avisar á familia e no que aproveitan para criticar aos responsables da saída forzosa da mocidade española...
O galego nace onde lle peta
Marek é un deses galegos que nacen onde lles peta. O seu pasaporte di que é cidadán polaco pero, se en vez de por Marek atendese por Diego, podería pasar perfectamente por ser de Ponteceso, Marín ou Carnota. Gusta das comidas caseiras, das sobremesas longas e, coma bo galego, do humor retranqueiro, algo que pasa de ser normal a raro a medida que metes quilómetros -perdón, quixemos decir "miles"- co Padornelo.
Falar do tempo
Esta semán, o inverno anunciou a súa chegada a Dumfries deixando a un lado os números que sinala o calendario. A temperatura descendeu varios graos e, na rúa e nos pubs, o tempo parece o tema favorito de conversa do "Tipical Scottish", alomenos como xeito de romper a falar con alguén que cheira a "continental" coma nós.
E isto gustounos moito porque fíxonos acordar da casa, na que comezar a conversa cun descoñecido cun "chove, eh?", cando do ceo parece que estean a tirar auga cun balde, é un xeito natural de relacionarnos. Se fose con alguén que semella estranxeiro -ben sabedes, eses de calcetíns e sandalias-, a conversa comezaría do mesmo xeito, pero acompanada dunha mímica moito máis remarcada.
Os enchufes (eléctricos) en Scotland
Como tratamos de explicar a través destas Crónicas da Emigración son moitas as diferenzas que atopamos entre o Scottish Way of Life e o Galiza Style. Conducen polo lado contrario, miden o peso en libras, pasan do euro, comen a horas absurdas, levan moitos tatoos, hai moitas igrexas de distintas confesións, non seguen o sistema métrico decimal,...Pero sen dúbida unha das cousas que máis chamou a nosa atención é a aposta clara que fan pola enerxía eléctrica nas casas. Todo nas casas é eléctrico -polo menos nas que nos estivemos- e ademais, como non podía ser doutro xeito, utilizan unha voltaxe e un tipo de enchufe distinto ao que estamos acostumados na Galiza.O Multicultural Center e as Citizenship Ceremonies
Levamos xa tres semanas en Dumfries e comezamos a adaptarnos de cheo á vida na vila. En principio, tiñamos pensado falar hoxe sobre a noite na cidade pero imos deixalo para máis adiante porque, aínda que demos unha volta polos pubs a pasada fin de semana, non contamos coa suficente experiencia na materia. Agora ben, para un par de apuntes sí temos: esqueceros de saír a cubatas e levade cartiños abondo que o de beber está caro. Ata hai caixeiros dentro dalgún dos pubs dunha vila como esta, de pouco máis de 30.000 habitantes.Pagar por ver a tele
Pasaron xa dúas semanas dende que chegamos a terras escocesas e, case que cada día, seguen a sorprendernos as diferenzas entre as nosas costumes e xeitos de entender a vida e as que teñen os habitantes deste fermoso lugar chamado Dumfries. Durante os últimos sete días tivemos que tratar con diferentes administracións, tanto locais como estatais, e descubrimos que, como non podía ser doutro xeito, as cousas funcionan de forma diferente. Nin mellor nin peor, diferente.
Aterrando en Dumfries (Scotland)
Levamos menos dunha semana en Scotland e xa son moitas as cousas que temos para contar...
Pero antes de comezar a falar sobre elas queremos iniciar estas Crónicas da Emigración cun pequeno "aviso a navegantes" ou, máis ben, un "aviso a viaxeiros". Para todos aqueles que queirades vir ata Scotland dende Galiza e pensedes facelo vía Santiago-Dublín-Glasgow con Aer Lingus, a opción máis económica que atopamos, está ben que saibades que o voo entre Dublín e Glasgow é nun avión de hélices. É un voo corto e, segundo todos os "expertos" que puidemos consultar vía smartphone nos momentos previos a subir nel, é moito máis seguro cun avión "convencional". Aínda así, parécenos de recibo dar este aviso porque seguro que así evitaredes poñer esa cara de parvo que algún de nós puxo cando, arrastrando a nosa equipaxe de man pola pista, chegamos ata as "miniescaleiras" que nos subían ata o interior do aparello.
Crónicas da emigración
Este venres comenzarán as Crónicas da Emigración un novo espazo en Xornal Aberto no que, cada venres, contaremos cousas sobre as diferenzas que atopamos entre a vida nas terras escocesas, nas que durante os próximos meses teremos ubicada a redacción, e a nosa terra. Non esperedes un traballo sesudo e profundo senón unha especie de diario de a bordo no que contaremos as vivenzas do conxunto de paletos que conforman o equipo deste blog nun país no que falan raro, conducen polo lado contrario e utilizan xeitos de medir as cousas distintos ao sistema métrico decimal...Ata o venres ;)



