Publicado por : Adycto 13 de marzo de 2014

Entre as moitas cousas que o Goberno de España roubou aos seus cidadáns unha foi a música na educación primaria. Por se non o sabiades, a nova Lei de Educación (Lomce) elimina a Música como materia troncal da educación primaria.
Sei que estaredes pensando que este Goberno roubou moitas cousas máis e que, se cadra, esto da Música non é tan importante pero realmente sí que o é.

Coa nova Lei a música pase a ser materia optativa á elección das Comunidades Autónomas. Como consecuencia, un alumno ou alumna poderá acabar a súa escolarización obrigatoria sen estudar música en ningún curso, algo que non acontece en prácticamente ningún país da OCDE.
 
A música é cultura, axuda á estimulación dos cativos, favorece o pensamiento lóxico, as competencias en idiomas, a sensibilidade artística, e mil cousas máis. 

Por iso pensamos que estaría ben que asinárades esta petición ao Ministerio Wert para que se manteña a Educación Musical na ensinanza obrigatoria.


)

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -