Amosando publicacións coa etiqueta Scotland Referéndum. Amosar todas as publicacións

Breves apuntes sobre o referéndum en Scotland

Despois de tres meses vivindo en terras escocesas unha das preguntas recorrentes cando falas con alguén da casa -familia, amigos, etc- é o tema do referéndum que, durante o mes de setembro do ano que ven, celebrarase nestas terras para decidir se Escocia comeza a ser un país independente. Polo momento as enquisas van moi apretadas e, dependendo de quen a faga, o resultado decántase para un lado ou para outro aínda que, o que semella claro a menos de 9 meses da consulta, e que, como case sempre, os indecisos decidirán o resultado. 

Hoxe queremos aproveitar para, dende a óptica dos partidos e movementos que defenden o "YES", contestar algunha desas preguntas típicas (FAQ) ante unha consulta deste tipo. Esperemos que sirva para aclarar un pouco o tema e prometemos, en futuros posts, seguir abordando este interesante proceso.

18 de novembro de 2013
Publicado por Adycto

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -