Publicado por : Adycto 30 de xaneiro de 2014

En Xornal Aberto, como xa dixemos nalgunha ocasión, pensamos que o "debate" sobre o aborto é froito, única e exclusivamente, do machismo da sociedade na que vivimos. De feito, parécenos evidente que, se os homes puidesen parir -biolóxicamente falando-, este "debate" estaría superado hai moito moito tempo. Pero como os homes non poden parir, aquí estamos, en pleno 2014, asistindo estupefactos a un "debate" sobre algo que, en calquera sociedade minimamente avanzada, é un dereito da muller.



Pero en España os políticos sonche así. Non son capaces de amañar as cousas cando están rotas, pero sí son capaces de rachar as que funcionan. O caso é que, como xa sabedes, o goberno presidido por Mariano Rajoy aprobou, o pasado mes decembro, o Anteproxecto de Lei de Protección da vida do Concebido e dos Dereitos da Muller Embarazada, un texto que leva directamente ás mulleres españolas, e a toda a sociedade con elas, 30 anos atrás. 

E non pode ser. A sociedade non pode tragar con isto. A decisión sobre o aborto ten que ser da muller, e de ninguén máis. E o Estado o que ten que facer é garantir poder levar adiante unha adecuada intervención para a interrupción do embarazo, de xeito universal e gratuíto. Iso é o que ten que facer unha sociedade avanzada.

Como dicíamos ao comezo deste post, non debería existir "debate" sobre este tema pero, visto o que está a acontecer en España, parécenos adecuado poñer aquí algúns dos motivos polo que consideramos que o aborto debe ser universal e gratuíto.

Para empezar, o aborto non é un "drama". O "drama" empeza cando unha muller non poder acceder, de xeito universal e gratuíto, a unha intervención para a interrupción do seu embarazo. Ninguén obriga a abortar a ninguén cunha Lei como a que está vixente agora mesmo en España, por exemplo. 

Eliminar a universalidade e a gratuidade do aborto, como pretende este anteproxecto, aboca ás mulleres á clandestinidade, coas consecuencias de todo tipo que isto conleva,  e ademáis establece un novo xeito de castigo para as clases sociáis con menos recursos económicos.

Tampouco queremos esquecernos de que cunha Lei garantista cos dereitos da muller, o embarazo deixa de ser o centro do papel da muller na sociedade, algo tamén crucial dende o punto de vista da súa total incorporación á vida laboral en igualdade de condicións.

Por último está a cuestión "científica" do "debate". 
Embrión, preembrión...Cando ten conciencia? Cando pode considerarse un ser humán?

Parécenos que isto non debería abordarse como unha discusión científica. Queramos admitilo ou non, trátase dunha cuestión de interpretación social. Socialmente debe establecerse un prazo, unha liña, unha medida e sobre ela traballar. 

Pero bueno, coma sempre, esta e só a nosa opinión. Opinión que, en todo caso, pode resumirse perfectamente coa fotografía que ilustra este post.






  

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -