Publicado por : Adycto 18 de marzo de 2009


Non son dos que se alteran facilmente pero, a verdade, agora o estou. Os seguidores deste blog sabedes que, durante a pasada semán, escribín varios artigos nos que fun desgranando as miñas apostas sobre o que será o futuro goberno de Feij009. Pois ben, o outro día, dando un paseo pola rede entrei nun blog no que xa estivera máis dunha vez porque, a verdade, sempre me gustou (dende o título ata os contidos). O blog chámase A Maliña de Lugo e nel trátanse temas de actualidade, política, etc. De feito, algunha que outra vez o teño citado facendo referencia a algunha información concreta (hai pouco en referencia ao coche de Feij009). Pois ben, estaba como digo de paseo por ese blog cando, de súpeto, atópome cun artigo titulado "Este será o Goberno de Feijoo" no que se fai referecia á quiniela de A Maliña (é un xeito de falar) con respecto ao futuro novo goberno galego. Comezo a ler e, tras unha introducción inxeniosa atópome cun "refrito" dos meus tres post sobre o tema. A verdade é que máis cun refrito trátase dun "corta e pega" claro. Ao final, para máis inri, A Maliña fala de que "os datos foron recollidos por un bó numero de blogs e opinions varias". JA! JA!JA!

Os datos están sacados integramente de Xornal Aberto e, a pesares de que no "corta e pega" feito incluso se lles colou o nome do meu blog, nin tan sequera tiveron a decencia de citar ás fontes. Como non son un tipo polémico o que fixen foi mandar un par de correos electrónicos á dirección de contacto da Maliña para indicarlle o erro cometido pero, ao non recibir contestación durante os últimos tres días, decidín facer público a través de Xornal Aberto o caso que agora nos ocupa. Pois iso, que citar as fontes non costa nada e recoñecer os erros tampouco (bueno, as veces sí).

Por certo, a ilustración saqueina do blog arxentino Historietista (tampouco costa tanto).

3 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Estos casos siempre te dejan un regusto agridulce. Uno piensa, si me lo plagian es que es bueno; pero por otro lado, coño! que me lo reconozcan.
    Si de casualidad te contesta a los mails avisa; que tengo curiosidad por ver cómo es una defensa de un corta pega.

    kisses.

  2. Anónimo dí:

    Ninguha defensa amigo, e certo busquei informacion e encontrei varios post, eran teus todos e refritei a opinion, creo que seria bon que se fixesen mais quinielas de quen sera os novos conselleiros do señor Feijóo, bueno pois perdon, si rdcollin dous correos teus pensaba darche as gracias por a amavilidade dos mesmos, e perdon por a ofensa, asi que aqui me tes para o que queiras e recoñezo o herro. saudos.
    A MALIÑA DE LUGO

  3. Adycto dí:

    satisfeito coas explicacións. De todos os xeitos non foi ningunha ofensa (faltaría máis), simplemente foi o gusto polas cousas ben feitas. Aquí me tes ti tamén para o que queiras

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -