Publicado por : Adycto 9 de marzo de 2009


Como saberán os avezados lectores de Xornal Aberto, ata o de agora, nestas nosas quinielas conselleiriles, só tiñamos apuntado os nomes de 9 dos 10 conselleiros que conformarán o novo goberno de Feij009. Quedábanos un só nome e, neste caso, un nome importante. Dende Xornal Aberto, aínda que non de xeito exclusivo, apostamos por Emilio García Gallego como novo conselleiro de Política Territorial. Este home, cunha ampla experiencia no mundo das infraestructuras que o levou, entre outros cargos, a ser presidente do Portos de Galicia, do ente público Gestor de Infraestructuras Ferroviarias (GIF) ou de Augas de Galicia é, ao noso entender, a persoa escollida por Feij009 para facerse cargo dunha "SuperConsellería" de Política Territorial que se ocuparía de todo o que ten que ver coas infraestructuras en Galiza (e se cadra algo máis).

Ademais deste nome, en Xornal Aberto apuntaremos algún máis dos que están a soar para ocupar carteira na nova Xunta pero que, ao noso entender, non teñen posibilidades. Todos falan estes días de que Corina Porro vai ser conselleira pero nos cremos que non. Feij009 é dos listos e supoño que preferirá que Corina sega ao fronte dos populares en Vigo xa que, entre outras cousas, quedou a moi poucos votos nas últimas municipais de lograr a maioría absoluta, algo que agora, con Feij009 na Xunta, parece máis que probable que consiga se o segue intentando. Esta razón e a que fará que outroa "alcaldables" populares dos que están a soar para "xunteiros" queden nos seus concellos: Feij009 quere continuar os seus éxitos nas futuras municipais e, para iso, quere gardar as súas mellores bazas.

Outros nomes que soan, aínda que cremos que con pouca forza, son o da betanceira María Faraldo que obtivo para o PP a alcaldía de Betanzos tras anos e anos de goberno socialista e o do alcalde popular da Serra de Outes, o señor López Crespo, que tamén aparece en moitas quinielas aínda que, dende Xornal Aberto, non pensamos que ningún dos dous "colla moqueta".

One Response so far.

  1. Odesempre dí:

    Pois eu non teño nada claro o de Emilio García Gallego como novo "superconselleiro". Hai moita xente que di que non anda nada ben con Níñez ÇFeijóo

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -