Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta maliña. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
RESPETO ÁS FONTES

Non son dos que se alteran facilmente pero, a verdade, agora o estou. Os seguidores deste blog sabedes que, durante a pasada semán, escribín varios artigos nos que fun desgranando as miñas apostas sobre o que será o futuro goberno de Feij009. Pois ben, o outro día, dando un paseo pola rede entrei nun blog no que xa estivera máis dunha vez porque, a verdade, sempre me gustou (dende o título ata os contidos). O blog chámase A Maliña de Lugo e nel trátanse temas de actualidade, política, etc. De feito, algunha que outra vez o teño citado facendo referencia a algunha información concreta (hai pouco en referencia ao coche de Feij009). Pois ben, estaba como digo de paseo por ese blog cando, de súpeto, atópome cun artigo titulado "Este será o Goberno de Feijoo" no que se fai referecia á quiniela de A Maliña (é un xeito de falar) con respecto ao futuro novo goberno galego. Comezo a ler e, tras unha introducción inxeniosa atópome cun "refrito" dos meus tres post sobre o tema. A verdade é que máis cun refrito trátase dun "corta e pega" claro. Ao final, para máis inri, A Maliña fala de que "os datos foron recollidos por un bó numero de blogs e opinions varias". JA! JA!JA!
Os datos están sacados integramente de Xornal Aberto e, a pesares de que no "corta e pega" feito incluso se lles colou o nome do meu blog, nin tan sequera tiveron a decencia de citar ás fontes. Como non son un tipo polémico o que fixen foi mandar un par de correos electrónicos á dirección de contacto da Maliña para indicarlle o erro cometido pero, ao non recibir contestación durante os últimos tres días, decidín facer público a través de Xornal Aberto o caso que agora nos ocupa. Pois iso, que citar as fontes non costa nada e recoñecer os erros tampouco (bueno, as veces sí).
Por certo, a ilustración saqueina do blog arxentino Historietista (tampouco costa tanto).

COUSAS QUE PASAN

Despois de varios días escribindo posts sobre o futuro goberno galego chega o momento de cambiar de tercio. Non é que non vaiamos a recuncar sobre este tema, que seguro que sí, senón que, se sigo escribindo sobre o mesmo, ao final vou acabar por aburrir aos "fieis" e iso é algo que non podo consentir. Para non caer na rutina nada mellor cun "batiburrillo" de noticias das que lle interesan a todo o mundo. Primeiro, naceu unha rapaza no Brasil que pesou 6,1 kg; segundo, se durante a campaña falouse do coche de Touriño parace que agora toca falar do coche de Feij009 (empezamos de carallo, como di a Maliña de Lugo); terceiro, De Juana xa pode ser extraditado dende Irlanda (que cara de malo ten este tipo); cuarto, o Vaticano non quere que Obama se convirta nun "Zapatero Global" (nunca a tanto pensou ZP que chegaría) e quinto, pero non por iso menos interesante, o PNV bórrase da ronda de diálogo do PSE. Como diría un amigo meu: non sei o que vai a pasar no País Vasco pero seguro que ETA "se va a poner las bombas".