Publicado por : Adycto
24 de marzo de 2009
Un par de bos amigos pasaron as últimas oito semáns da súa vida en terras cubanas. Eu, antes de que partiran, dinlles un blog de notas e un boligrafo para que, día a día, trataran de contarnos as cousas que máis lles chamaban a atención na súa viaxe. Xa con eles de regreso e, coa libreta nas miñas máns, en Xornal Aberto imos iniciar unha nova sección na que, cada tres ou catro días, iremos colgando un pouco dese diario dun viaxe a Cuba no ocaso do Castrismo. Xa veredes como é realmente interesante saber como son as cousas por aló, como sobreviven, como é a vida diaria, as virtudes e problemas do réximen....Espero que nos sirva a todos para ter unha idea máis aproximada do que se está a vivir en Cuba nestes tempos. En breve comezará....
A foto saqueina do blog callitspontaneus
A foto saqueina do blog callitspontaneus
Publicar un comentario