Publicado por : Adycto 17 de marzo de 2009


Resulta que a Conferencia Episcopal ven de poñer en marcha unha nova campaña publicitaria na que, por medio de máis de 1.300 paneis pubicitarios repartidos por 37 provincias españolas, pretenden facerlle chegar á sociedade a súa visión sobre o novo proxecto de lei posto en marcha polo goberno de Zapatero para regular o aborto en España. A verdade é que a Igrexa ten todo o dereito do mundo a protestar polo novo proxecto de Lei pero a campaña publicitaria posta en marcha, na que se ven a dicir que a vida de determinadas especies animais están máis protexida que a vida humán, paréceme unha cuestión de outro tempo. Señores obispos, o debate entre "aborto si aborto non" xa está pechado en España dende hai máis de 20 anos. Outra cousa sería que os obispos criticasen algo sobre a futura nova Lei pero a campaña posta en marcha o que cuestiona é o dereito ao aborto, cousa como dicía anteriormente xa debatida en España hai moito tempo.
Como non podía ser doutro xeito nunha institución que sempre fai as cousas con anos (as veces séculos) de retraso a súa postura sobre o tema do aborto paréceme que é contraria á dunha sociedade que xa superou este debate. Ademais, hai que facerse outra pregunta importante. Que eu saiba, durante os 8 anos de gobernos aznarianos en España podíase abortar nas mesmas condición que agora e, que eu saiba, a Igrexa non protagonizou ningunha campaña en contra do aborto como a que está a desenvolver agora. Por certo, as declaracións de Manuel Fraga sobre o tema non teñen desperdicio (como sempre)
Non sei, que pensades sobre este tema? Eu a verdade non estou sorprendido por esta campaña (paréceme máis do mesmo) pero, non credes que a idea central da mesma é un erro? non vos parece que é máis unha campaña contra o aborto que contra a futura nova Lei? Xa me contaredes.

4 Respostas ata o de agora.

  1. Thomas Pullings dí:

    Un par de datos: a igrexa católica recoñeceu fai só uns anos que estaba equivocada no tema de Galileo Galilei, en canto o heliocentrismo, pedindo perdon cuns 500 anos de retraso. Fai uns meses oficiouse unha misa pola alma do astrónomo, que debeu non só revolverse na súa tumba, senon dar unha volta completa de campá se o espacio da mesma o permitiu.

    Segundo este cómputo, a Charles Darwin aínda lle quedan uns 300 anos de arder no inferno, coa moratoria duns anos que lle deu a abolición desta honorable institución por Xoan Pablo II quérete todo a mundo, antes da súa reinstauración polo papa ratzinger, todo esto antes de que a igrexa lle pida perdón pola persecución e denostación de que foi obxecto.

    Tamén quedan uns 430 anos para que a igrexa pida perdon pola connivencia co xenocidio nazi e co fascismo italiano.

    E seguindo esta cómputo, quedan 490 anos, ano arriba, ano abaixo, para que lle pida perdón ós pais do neno que a semana pasada puido salvar a súa vida polo nacemento dun irmán tratado mediante selección xenética para ser doante de médula compatible, acción pola que os médicos, pais e o neno en cuestión arderán no inferno case que medio século ata que o papa de turno lle baixe o gas.

    Uns 450 anos para que lle pida perdón a toda áfrica por prohibir os preservativos e deixar que un tercio dese continente tan deixado da man de deus morra de sida.

    E agora, uns 500 anos para que pida perdón pola súa postura intransixente no tema do aborto.

    Todo iso, no caso de que pida perdón, porque non sempre pasa, e o de galileo resultaba demasiado evidente para pasalo por alto.

    Iso é todo o que teño que dicir sobre a postura da igrexa católica respecto a calquera cousa.

    Non sei onde deixaron olvidadas as declaracións do seu líder cando dicía que o seu reino non era deste mundo, porque os actos da súa igrexa parecen ben mundanos.

    Un saúdo.

  2. odesempre dí:

    a verdade é que é lamentable a postura da igrexa neste e outros temas....cada día máis alonxada da sociedade....

  3. JLMejuto dí:

    Amigo Adycto: al estar completamente de acuerdo con este artículo, solo me queda manifestar mi admiración por la rapidez con la que siempre das réplica a las barbaridades con las que nos tropezamos diariamente.
    Por eso espero impaciente tu opinión sobre el más que probable pacto entre PSOE y PP, para que los primeros ocupen la poltrona de Euskadi. ¿Bendecirán en esta ocasión los obispos a Patxi López?

  4. pinchinho dí:

    Pazra min, a Igrexa Católica Española perdeu a sua condición de guía espiritual durnate as manifestacions en contra la "Ley dos Gais" (sinto chamála asi, pero non me lembro do nome), mentras que uns anos antes ningún bispo, crego ou cardeal saíu as ruas para manifestarse en contra do ataque ou non a Irak, estando prohibido a matanza polos seus Dez Mandamentos, mentras que as felacions, os cunilingus ou as sodominacions non o están, nin moito menos, xa que, como se mostrou fai un par de anos en distintas arquidioceses estadounidenses, os mesmos bispos e cregos eran aficionados a ditas practicas, incluso con menores.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -