Publicado por : Adycto 12 de febreiro de 2014



Que os países teñen xeitos distintos de medir as superficies, as distancias ou os pesos, é algo que todos sabemos. Basta con preguntar canto mide un ferrado en Coirós (436 m2) e repetir a pregunta en Santiago de Compostela (639 m2)
para comprobar que, sen saír da Galiza, os galegos utilizamos distintos xeitos de medir os ferrados e, por tanto, as superficies. Tamén no tocante as distancias ou aos pesos e, de novo sen saír da Galiza, atopamos importantes diferenzas entre o valor dunha "vara" ou dun "quintal" nunha zona ou noutra do país.

A adopción do sistema métrico decimal trouxo consigo unha unificación considerable no xeito de medir, no só dos galegos, senón de boa parte da humanidade. Aínda así, basta con achegarse ata o United Kingdom, por poñer un exemplo, para comprobar que o sistema métrico non é universalmente aceptado e que o metro ou o quilo trocan en "mile" ou "pound" nun momento. 

A pesares de non poñernos de acordo no xeito de medir as superficies, as distancias ou os pesos, no que sí estamos de acordo todos é no método para medir e dividir o tempo: un día dura 24 horas, cada hora sesenta minutos e, cada minuto, sesenta segundos. A pregunta resulta evidente: Por que o día ten 24 horas?

Para respostar á cuestión o primeiro que debemos saber é que algunhas das antigas civilizacións, como os exipcios ou os sumerios, tiñan un sistema de medir duodecimal, en troques do noso sistema decimal. O motivo para a utilización do sistema decimal ten moita lóxica -poder contar cos dez dedos das máns-, pero a razón do sistema duodecimal que eles usaban tamén ten todo o sentido do mundo.

O sistema de sumerios e exipcios baseábase en contar as falanxes dos catro dedos dunha mán co pulgar. En principio, inclusive parece que ten máis sentido que o decimal porque, con este sistema, só necesitarías unha mán para contar, e non as dúas. Por se aínda non quedou claro o método adxuntamos  esta imaxe que collemos da web RecuerdosdePandora, que seguro aclarará calquera dúbida. 


Foi a utilización deste sistema o que, cando decidiron medir o tempo, deu lugar aos días de 24 horas.  Os exipcios tiñan claro que, para medir un día, tiñan que contar dende o amencer ata o solpor.  Por este motivo déronlle unha "hora" ao amencer e outra ao solpor e, para contar o resto do tempo de luz que quedaba no medio, quedaron as outras dez do seu sistema duodecimal. A noite a dividiron, como resulta lóxico, tamén en doce partes.

Como podedes imaxinar, as horas non eran como as entendemos agora, senón que variaban a súa duración dependendo da estación do ano, xa que as medían cos reloxos solares (outro invento exipcio). Para as noites, as horas correspondían coa aparición no ceo de determinas estrelas.

A necesidade de facer cálculos astronómicos complexos foi a que levou ao grego Hiparco de Nicea a propor a división das 24 horas do día en periodos de tempo de igual duración, aínda que ata a invención do reloxo mecánico no século XIV a xente seguíu utilizando o sistema de horas desiguáis.  

60 Minutos

A orixe da división das horas en periodos de 60 minutos e dos minutos en intervalos de 60 segundos hai que buscala nos astrónomos gregos, como o mencionado Hiparco de Nicea. Para realizar os seus cálculos astronómicos, os gregos empregaron técnicas desenvoltas anteriormente polos pobos babilónicos que utilizaran para os seus cálculos unha base 60. 

Non se sabe moi ben por que os sumerios traballaban con esta base 60 pero o certo é que era moi útil para os gregos, porque permitía expresar un gran número de fraccións, xa que o número ten moitos divisores. Unha explicación para a utilización desa base de medida por parte dos babilonios pode ser o feito de que, segundo algúns autores, esa civilización estimara a duración do ano en 360 días e, sobre esa base, desenvoltaron o seu sistema.

Dos traballos posteriores dos gregos coa intención de idear un sistema xeográfico de latitude e lonxitude, partindo do xeito de calcular en base 60 dos pobos babilónicos, xurdiron os minutos e os segundos. Foi Ptlomeo no seu tratado Almagest o que, partindo dos traballos de Hiparco de Nicea, realizou a subdivisión dos 360 graos de latitude e lonxitude en partes máis cativas. A primeira división, partes "minutae primae", darían orixe aos nosos minutos. A segunda división, partes "minutae secundae"  daría ligar aos segundos.

Como imaxinades, os conceptos de minutos e segundos, tal e como os entendemos hoxe en día, tardarían moiros séculos en acadar popularidade. Os minutos, de feito, non chegaron aos reloxos mecánicos chegou ata o século XVI. 

Fontes:

EduGaliza: http://www.edugaliza.org/inicio

Recuerdos de Pandora: http://recuerdosdepandora.com/historia/¿por-que-un-dia-tiene-24-horas/

Xataka Ciencia: http://www.xatakaciencia.com/sabias-que/por-que-el-dia-tiene-24-horas

Wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada

6 Respostas ata o de agora.

  1. Joseluis dí:

    Muy interesante.
    Como complemento te sugiero que busques el origen del porqué las pulgadas se dividen en mitades, cuartos, octavos...

  2. Adycto dí:

    Es muy interesante el hecho de que, al principio, siempre buscáramos medidas antropometricas (pulgada, pie, ...). Todo hasta que la revolución francesa, y Napoleón, se empeñaran en instaurar el sistema métrico que deje de utilizar al hombre como medida y se centra en la tierra. El cómo se creó e insttauró el metro da para otro post interesante....
    Y buscaré lo que me comentas..;)
    Un saludo,

  3. De feito os revolucionarios franceses chegaron a implantar a semana de dez días e os reloxos decimais, aínda que se empregaron en breves períodos históricos.

  4. Adycto dí:

    Moi certo Diego.

  5. Allá por el año 1960, siendo aprendiz de segundo año en el taller de mantenimiento mecánico, empecé a enfrentarme con las pulgadas y sus divisores. No me encontré con grandes dificultades pues los instrumentos de medida, por ejemplo el pie de rey, tenían y tienen la doble escala milímetros y pulgadas, ahora bien mi curiosidad, junto con mi mente acostumbrada al sistema decimal me llevó a calificar al sistema de divisiones de las pulgadas como absurdo e irracional, hasta que planteando el asunto a un compañero, aprendiz de tercer año me dijo:
    "Imagínate que te dieran unas tijeras y un cordón de longitud un metro, y te dijeran que lo tomaras como patrón, y te pidieran que lo dividieras físicamente en sus diez decímetros, "vaya problema" mucho más fácil hubiera sido obtener la mitad, la cuarta parte , la octava parte... simplemente doblando el cordón por la mitad uniendo sus dos extremos y cortando por el doblez cada vez".
    No sé si fue ésta la razón por la que los ingleses idearon este sistema, pero han pasado muchos años desde que me dieron esta explicación y desde entonces mi opinión sobre los ingleses cambió significativamente para bien

  6. Adycto dí:

    Qué interesante!! ;)

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -