Publicado por : Adycto 13 de xaneiro de 2014

Despois dunha exposición prolongada as series policíacas como a que a maioría de nós sufrimos a través dos raios catódicos, a estas alturas xa todos sabemos que a antropoloxía forense leva tempo buscando o "sinal" do crime, aquela marca que identifique aos asasinos e que permita á sociedade descubrir aos criminais en potencia, antes de que comecen a súa andaina criminal. Despois de convivir durante anos coa figura do psicópata no cine, na tele, nos libros,...é natural pensar: coñecemos a algún psicópata? Non digades que non o pensáchedes algunha vez do veciño do baixo, esa amiga da túa moza ou o primo de Logroño do teu colega...A todos pasounos pola cabeza máis dunha vez (alomenos a nós)...Pois en Xornal Aberto, preocupados sempre polas necesidades dos nosos avezados lectores, imos proporcionarvos a ferramenta definitiva para descubrir psicópatas: o test de Robert Hare. Un conxunto de 20 preguntas que, cun pouco de disimulo e tacto, poderemos facerlle a ese veciño que mira "raro" no ascensor...
Esta é a Escala da Avaliación da Psicopatía de Hare.



Antes de nada debedes saber que cada resposta puntúase seguindo unha escala de 0 a 2, co seguinte criterio: 0=nunca, 1=tal vez, 2=a miúdo.

Aquí van as preguntas:

1.- É unha persoa locuaz?
2.- Ten encanto superficial?
3.- Alardea dous seus títulos ou valía?
4.- Soe mentir con descaro?
5.- So está a gusto en postos de dirección?
6.- Manipula aos demáis?
7.- Carece de remordimentos?
8.- Os seus afectos son superficiáis?
9.- Carece de empatía cos demáis?
10.- O seu carácter é inestable?

11.- Carece de amigos da infancia?
12.- Quere realmente a súa parella?
13.- Ten tendencia ao aburrimento?
14.- O seu estilo de vida é parasitario?
15.- Ten reaccións pouco meditadas?
16.- Ten mala memoria?
17.- Os seu proyectos carecen de realismo?
18.- O seu carácter é impulsivo?
19.- Adopta decisións ou iniciativas irresponsábeis?
20.- Tivo algún problema coa Lei aínda que saíse absolto?

A interpretación dos resultados debe facerse en función a: entre 33 e 40 (moi alta), entre 25 e 32 (alta), 30 (punto de corte principal), entre 17 e 24 (moderada), entre 9 e 16 (baixa) e menos e 9 (moi baixa).

Ou sexa, se estades por riba de 30 ide ao psiquiatra mañá mesmo. 

PD: Se queredes máis información sobre o Test podedes consultar este enlace e se queredes máis información sobre Robert Hare esta web.






Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -