Publicado por : Adycto 31 de outubro de 2008


E hoxe, por fin, toca falar de Touriño. Resulta que "Smallbull", o actual presidente da Xunta de Galicia, anda estes días moi presente nos medios de comunicación estatais e non por nada bo senón porque acabase de saber que o home que dirixe o destino dos galegos gastou DOUS MILLÓNS DE EUROS en cambiar a distribución, o mobiliario e a decoración do despacho utilizado por don Manuel Fraga. A reforma foi realizada ao comezo da lexislatura e o executivo autonómico, que non desmente esta información sacada á luz polo Partido Popular, négase a confirmar os datos da reforma alegando motivos de seguridade. Señores e señoras, estamos a falar de DOUS MILLÓNS DE EUROS.


Pero non remata aquí o conto. Resulta que, segundo o PP, o presidente da Xunta acaba de mercar un novo coche oficial (aquí as versións cambian xa que o PP di que é o cuarto e o goberno que é o segundo) valorado en CATROCENTOS OITENTAMIL EUROS. Dame igual que sexa o segundo, co terceiro, co cuarto; o caso é que, por moi blindao e molón que sexa (disque é un modelo A8 de Audi, blindado e con neumáticos que, en caso de reventón, manteñen a seguridade) creo que é un gasto excesivo. Sexamos claros. Está ben que o presidente da Xunta viaxe nun coche blindado, faltaría máis!, pero paréceme excesiva a pasta gastada.


Por este motivo abro un debate sobre en que poderiamos gastar a pasta que "Smallbull" utilizou para reformar o despacho e mercar un cochiño. Como ben me apuntou un amigo, coa pasta do coche, Touriño podería terse mercado un tanque de segunda man (que con iso si que vai seguro). De feito aquí tedes un enlace no que se mostra como un home mercou o pasado ano un tanque de segunda man por 17.000 euros, ou sexa, que se forzamos un pouco, ao mellor por 480.000 euros danche un de primeira man full equip.


Cos dous millóns da reformiña, por exemplo, o presidente da Xunta podería ter pagado os seguros médicos dos máis de 80.000 estudiantes universitarios cos que conta Galiza e aídan lle sobraría pasta para invitalos a todos a comer durante tres días nos comedores das nosas Universidades. As contas son claras: 25 euros por alumno para gastar. Dez euros de seguro e quince máis para pagar tres menús de cinco euros nos comedores universitarios. Pois iso, propoñede máis cousas...

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    Vaya presidente que tenemos....y vaya vicepresidente. Si es que así nos luce el pelo

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -