Publicado por : Adycto 29 de decembro de 2008


Aínda que a campaña electoral non comezou oficialmente, tal e como prometimos en Xornal Aberto imos comezar co ranking de inauguracións. A actividade estes días de Nadal anda baixa e tan só a magnífica conselleira de Política Territorial, a señora María José Caride, fixo unha inauguración propiamente dita: a de un novo enlace a autovía O Porriño-Tui. Parece que a conselleira, que como contaban o outro días os compañeiros de Xornal de Galicia levaba sete inauguracións dende principios deste mes, quere ser a gañadora absoluta e non parece dar tregua aos seus perseguidores. Pola súa parte, o presidente ("Smallbull") e o vicepresidenten ("Quin") están a facer as cousas con máis tino e, en vez de facer inauguracións propiamente ditas, o que fan e "visitas" a sitios que, en breve, estarán en funcionamento. Algo así como "inauguracións encubertas". Deste xeito, o presidente da Xunta estivo o pasado sábado de "visita" na sede da que será a Escola Superior de Arte Dramático de Vigo. Parece ser que a obra non terá lista a súa primeira fase ata marzo ou abril do ano que ven e, dese xeito, non poderá inaugurarse a tempo para as eleccións así que o presi foi de "visita" o sábado para poder sacarlle algo de rédito electoral. O noso querido "Quin", pola súa banda, estivo tamén de visita o pasado domingo, no que será o novo Centro de Día de Pantón, que entrará en funcionamento tralo Nadal. Vese que o das "visitas" vai a ser a saída que tomen os nosos políticos para non ir a inauguracións. Claro, en vez de facer inauguracións facemos visitas e en vez de cortar cintas poñemos os cascos e ninguén nos poderá criticar, pensarían os nosos políticos. Bueno, todos menos á Caride que, visto o visto, non ten pensado nin cambiar o estilo inauguración por visita. Seguiremos informando.

5 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    hola...

    soy brasileña,no sé escribir derecho el español, entonces perdón por algun error.

    me gustaría pregutar una cosita a usted.

    qué hago para dejar el nombre de mi blog en movimiento, así como el tuyo.

    gracias.

    perdón por hacer esa pregunta en los comentarios de tu blog...

  2. Adycto dí:

    Juliette, en este blog encontrarás soluciones para adornar tu blog: http://ayudaparaelblog.blogspot.com y para poner el título en moviemiento (como en el mío) tienes este post:
    http://ayudaparaelblog.blogspot.com/2007/06/cmo-poner-un-texto-en-movimiento-en-la.html

  3. Anónimo dí:

    lol,so nice

  4. Anónimo dí:

    See you in these things, I think, I started feeling good!
    Personalized Signature:贵州信息港休闲游戏中心,我爱掼蛋网,重庆游戏中心,金游世界视频棋牌游戏中心,南通棋牌游戏中心,贵港热线休闲游戏中心,淮安棋牌游戏中心

  5. Anónimo dí:

    It seems my language skills need to be strengthened, because I totally can not read your information, but I think this is a good BLOG
    landing net

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -