Publicado por : Adycto 2 de xaneiro de 2009



Seguindo coa costume de non realizar inauguracións de nada, por aquelo do que dirán estando case que en campaña, o vicepresidente da Xunta, o señor Anxo Quintana (Quin para os amigos), "visitou" esta mesma mañán ás obras do Centro de Día e da Galescola da localidade de Culleredo. Durante a "visita", Quin falou do ben que o está a facer o goberno no tema das galescolas e os centros de día pero sen ser nada electoralista. De feito, se ledes a nota de prensa, podedes darvos de conta perfectamente de que non hai intención electoralista por ningún lado, tan só existe o interese por facer as cousas ben e porque os galegos e galegas desfrutemos dunha vida mellor e máis agradable, independentemente de onde residamos. Pola súa banda, o presidente da Xunta, o señor Emilio Pérez Touriño (Smallbull para os amigos), inaugurou, este si, o CICLOTRÓN, o primeiro acelerador de partículas radioactivas de España financiado e explotado pola sanidade pública e que servirá para mellorar o diagnóstico de cancro en Galiza. Diranme que é un laboratorio ben grande pero a verdade, con ese nome, poderíanme dicir que era a primeira nave galega que iría ao espacio exterior que tamén o crería. Se ledes a nota de prensa difundida pola Xunta ao respecto veredes que utiliza a palabra inauguración porque, polo momento, aínda non estamos en campaña e todavía podemos inaugurar. Quin parece un pouco máis preocupado polo tema da imaxe e só visita pero o presi inaugura, que aínda pode. Por certo, a imaxe que ilustra este post saqueina de http://www.tecnomaps.com/. e, a verdade, pouco ten que ver co que estou contando pero gustiome moito cando a vin.

5 Respostas ata o de agora.

  1. i think the archive you wirte is very good, but i think it will be better if you can say more..hehe,love your blog,,,

  2. Thjomas Pullings dí:

    Hola Adycto, para cando un comentario sobre o reparto eólico e sobre o feito de que de ese reparto se derive como consecuencia directa que certa fábrica de pasta de papel non vaia ser trasladada con anterioridade ó 2.018, dándolle un bo portazo nos morros ó único alcalde dunha capital de provincia que ten certo partido nas súas filas, e incumplindo co tantas veces prometido?

    se é que ó final, todo o mundo ten mortos no armario que agochar... hai cousas que non cambian sexa cal sexa a cor imperante en San Caetano.

    Saúdos.

  3. You these things, I have read twice, for me, this is a relatively rare phenomenon!
    Personalized Signature:常州麻将,常州三打一,常州攻主,常州斗地主,常州4人升级

  4. Although we have differences in culture, but do not want is that this view is the same and I like that!
    nylon fishing net

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -