Publicado por : Adycto 24 de decembro de 2008


Como as eleccións xa están convocadas e os políticos, aínda que non o digan abertamente, xa andan en campaña, dende Xornal Aberto decidimos que, durante os vindeiros dous meses, imos tratar de facer un seguimento das inauguracións que os conselleiros galegos irán realizando nos próximos 60 días. Durante o réxime fraguista, unha das moitas críticas que a oposición realizaba de xeito contumad era a de que, cerca de cada convocatoria electoral, os conselleiros inauguraban a diestro e siniestro. Poñían primeiras pedras, realizaban postas en marcha, asistían a inauguracións parciais de recintos, reinaguraban edificios,...Por este motivo, en Xornal Aberto trataremos de facer un ranking coas inauguracións dos actuais conselleiros para ver se este mal da "inauguritis" se repite independentemente da cor política dos poncios. Comezaremos este luns pero, a modo de adianto, nada mellor que ler a información de C. Díaz Pardo en Xornal.com na que afirma que a conselleira de Política Territorial, dona María José Caride, leva sete inauguracións en menos de 30 días. Parece pois que Caride será un dos cargos aos que haberá que seguir máis de preto xa que, coa carreira que leva, pode ser un dos gañadores deste ranking. Eu, a pesares de que "Smallbull" afirmou recentemente que a Xunta non realizará inauguracións durante a campaña electoral, son dos que pensa que o presidente será o vencedor neste ranking.

Ademais do ranking de inauguracións, dende Xornal Aberto imos tratar de facer tamén un seguimento dos vehículos nos que os conselleiros van aos actos de campaña dos seus respectivos partidos (outra das cousas moi criticadas pola oposición durante o réxime fraguista). Debemos lembrar aos nosos avezados lectores que, se van no coche oficial aos mitins, estarán a facer un uso indebido do vehículo que os galegos pagamos para que desenvolten a súa labor de conselleiros. Pois iso, veremos se fan o mesmo que os conselleiros do fraguismo ou se o "goberno progresista" troca o xeito de facer campaña dende a poltrona.

4 Respostas ata o de agora.

  1. JLMejuto dí:

    Es una gran idea.
    El seguimiento crítico de las acciones realizadas por los partidos en campaña electoral, es casi tan importante como el seguimiento del cumplimiento de promesas durante el mandanto del ganador tras las elecciones.
    Algo que cumplistéis al denunciar que después de tantos años Galicia carecia de medios para evitar o en cualquier caso mitigar los efectos deletéreos de catástrofes como la del Prestigie.
    Me gustó mucho el sinónimo "los genoveses" en tu anterior artículo. ¿Es original tuyo o es habitual en Galicia?

  2. Adycto dí:

    gracias por tu comentario. en cuanto a lo del término "genoveses" creo que es original mío o, por lo menos, no es un término de uso común. si se utiliza mucho el témino "desde la Calle Génova" para hacer referencia a las directrices enviadas desde la sede central del PP a "provincias", es decir, al PP de Galicia en este caso pero, aún así, no me lo voy a atribuir con rotundidad no vayan a venir los del la SGAE a reclamarme los derechos

  3. Anónimo dí:

    I will pass on your article introduced to my other friends, because really good!

  4. Anónimo dí:

    Some of the content is very worthy of my drawing, I like your information!
    Special Net

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -