Publicado por : Adycto
11 de novembro de 2008
Pedían estes días moitos dos habituais de Xornal Aberto que continuáramos informando sobre a situación dos presos Ugio Caamanho e Giana Gomez, tras o seu xuízo, os pasados días 3 e 4 de novembro na Audiencia Nacional. Hoxe, este tribunal deu a coñecer o seu fallo. A condea a Ugio Caamaño é de catro anos e nove meses de prisión mentres que a pena de Giana Gomes queda en tres anos, co cal esta rapaza cumpriu tres meses de prisión de máis, mentres esperaba a ser xulgada. A pesares de que non me gusta opinar sobre sentencias xudicias, xa que sempre presupoño que os xuices saben máis desto ca min, a verdade é que creo que imperou un pouco a lóxica.
De feito, Giana Gomes xa está en liberdade, ao ser menor a pena de cadea có tempo que estivo en prisión provisional e Ugio podería quedar en breve tamén en liberdade. Segundo podemos ler en Vieiros o tribunal entende que Giana é culpábel dun delito de “danos con finalidade de subvertir” e por iso a condea a tres anos. Ademais considera que é culpábel dun delito de furto de vehículo a motor polo que se lle impón unha multa de 1.620 euros. No caso de Ugio Caamanho, a Audiencia Nacional tamén o condea a tres anos por un delito de danos e a 21 meses máis de prisión por falsidade documental. Imponlle tamén, como no caso anterior, 1.620 euros de multa por furto de vehículo a motor. Os dous procesados deberán facer fronte aos danos que ocasionou a explosión da bomba e ás costas do xuízo. Ademais quedan inhabilitados para cargo público durante nove anos.
Tal e como explicaba o outro día nun post pareceríame excesivo que a estes dous tunantes os condearan aos 28 anos que se lles pedían e, por este motivo, alédome de que a condea sexa a que foi. Deixo o debate aberto para os que queiran opinar, que se que son lexión. Por certo, a foto, ao igual que os datos sobre as condeas están recollidas do xornal electrónico Vieiros.

Eu, a verdade, non sei moi ben que pensar sobre este tema pero, para ser sinceiros, alédome de que podan sair pronto en liberdade. Eu, como ben se indicaba neste blog o outro día (aínda que non deixei comentario) son dos que pensa que por queimar un caixero tampouco se pode ter indefinidamante á xente na cadea...Veremos se, tras o susto, estes dous voltan a andar a poñer bombas por ahí....
Yo la verdad es que no sé de que cojones vais por aquí. O sea, que unos tipos pongan una bomba en un cajera en medio de Santiago no os parece mal del todo. Tendríamos que ver si una hermana vuestra muriese por la bomba de estos cabrones que diríais entonces.Deberían aplicarles una pena mayor de cácel para que aprendieran. Con estas penas parece que están animando a la gente a poner bombas....Y mejor me voy a callar aquí...
Amigo pelos, dende Xornal Aberto o único que buscamos é xerar debate entre a xente e, sobre todo, poder falar de calquera tema sen ver coartada a nosa liberdade, cousa que por desgracia cada vez sucede menos. Eu comprendo que ti penses que o destes rapaces foi unha barbaridade e incluso o respeto pero se trata de que cada un pense e exprese a súa opinión. Eu, por exemplo, podo pensar que por causar danos materias nun caixeiro automático non podes pasar 3 anos e pico en prisión preventiva pero do que se trata é de poñer en común todas estas opinións e, sobre elo, formar unha opinión propia. Hai que informar e falar de todo dende todos os puntos de vista, cousa que como dicía antes, cada vez ocorre menos nos medios. Con todo este "rollo" que te estou a mandar o único que trato de dicirche e que pases por este blog sempre que queiras para coñecer outros puntos de vista e para deixar os teus sobre temas que, noutros medios, seguro que teñen menos presencia. Saúdos.
Pues eso, dejo mi opinión: un tipo que trata de cometer un atentado terrorista debe de pasar en la carcel el mayor tiempo posible. Que to sepa estos tipejos trataron de poner una bomba con la intención de cometer un atentado lo que pasa es que la policía los detuvo por imbéciles. Defenderlos es animar a otros a que hagan lo mismo y eso es malo para todos...Me seguiré pasando para ver que contesta la gente.
Non simplifiquemos, por favor. Non pasaron 3 anos de preventiva por causar danos en un caixeiro, senón por facer estoupar un artefacto de entre 5 e 7 quilos de explosivo con grave risco para as persoas, ademáis do hurto de uso de vehículos de motor. A min a sentencia paréceme perfectamente acorde a dereito, e xusta, algo que non sempre coincide. Creo que xa deixei clara a miña postura ó respecto noutro post, e ratifícome plenamente no dito. A actividade levada a cabo por estes dous non foi facer unha pintada nin botar un cóctel molotov, foi pasear un artefacto preparado para estourar por aí, poñendo así en risco as vidas de transeúntes e dos galegos no nome dos cales teñen a desfachatez de dicir actuar. Outra cousa é que a prensa teña afición por presentar datos chamativos como o núcleo central dunha nova concreta, como os 28 anos de marras de petición do fiscal, sen resaltar as matizacións que iso leva consigo. Afortunadamente parece ser que imperou a cordura, algo que eu nunca puxen en dúbida, se ben a actitude de estes dous elementos ben merecera que fosen expulsados desta Galiza que ó parecer tanto aman.
Así que sen ánimo de dicir "xa o dicía eu"...xa o dicía eu, jejeje
Un saúdo a todos e sentidiño, amigo pelos, as penas teñen que ser proporcionais e xustas. O contrario implica un comportamento represivo intolerable en democracia.
Como case sempre, amigo Pullings, estou de acordo con vostede o que pasa é que eu, errado de min, son dos que puxen en dúbida que imperase a cordura
No se pero yo creo que la pena puede ser que se ajuste a derecho pero de ahí a que sea justa...va un buen trecho. Estos tipejos deberían pasar algo más de tiempo en la carcel (4 o 5 años más) para que se les quitase de la cabeza la idea de volver a intentarlo (a ellos o a otros como ellos)