Publicado por : Adycto 13 de novembro de 2008


Hoxe, como xa saberedes a maioría, en Galiza estamos de aniversario. O 13 de novembro de hai 6 anos, un buque petroleiro con 77.000 toneladas de cru a bordo zozobrou fronte ás costas galegas e, días despois, concretamente un 20 de novembro, partiuse en dous e afundiuse a 4.000 metros de profundidade, o que provocou unha catástrofe ambiental dunha escala descoñecida polos galegos ata entón. O nome deste buque, que dende entón quedaría gravado a lume no imaxinario colectivo dos galegos, era o "Prestige" e hoxe, como se o tempo non pasase, a causa xudicial continúa aberta nos xulgados da vila coruñesa de Corcubión. O peor do caso é que, seis anos despois daquela catástrofe (lembrades que non todos os medios usaban esa palabra para definir o que acontecera), os nosos políticos recoñecen que, actualmente, Galicia non está preparada para outro Prestige. Tamén é triste, aínda que seguro que a tarea é dura, que a reciclaxe dos residuos do pretoleiro aínda non finalizase.

A pesares de todo, estes días de aniversario seguro que imos ter tempo de revivir, unha e outra vez, eses horribles días e teremos que ver de novo a Madiano dicir o de que "no creemos que se pueda hablar de marea negra" ou o dos "pequeños hilitos", ou lembrarnos de como o presidente da Xunta e o ministro de Fomento estaban de cacería mentres o Prestige zozobraba fronte a Galiza. En resumo, os políticos dirán o que queiran pero a sabiduría popular, esa que derrámase a borbotóns todos os días nas tascas galegas entre fume, café e naipes; seguro que é da opinión de que, se mañán voltara a afundirse outro petroleiro diante das costas galegas, o noso país seguiría sen estar preparado para afrontar a crise. Seguro que as cousas irían algo mellor (peor foi difícil facelo) pero tamén seguro que, seis anos despois, seguimos sen estar preparados.

Nada mellor que recordar dende xa a Madiano:



One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    La playa estaba desierta
    El fuel bañaba tu piel
    Fraga estana de caza
    y Alvarez Cascos con él.
    Coge tu mono y pontelo
    vamos a la playa a limpiar fueloil
    Coge tu mono y pontelo
    vamos a la playa a limpiar fueloil...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -