Publicado por : Adycto 28 de outubro de 2008



Antes de nada quero dicir que, a pesares de todo canto a continuación podades ler, son dos que pensa que, salvo en circunstancias moi excepcionais, a violencia non pode ser o camiño para acadar uns determinados fins políticos. E digo isto porque hoxe vou falar do xuízo que os vindeiros 3 e 4 de novembro vai ter lugar na Audicencia Nacional como consecuencia da bomba posta hai xa tres anos nun caixeiro de Caixa Galicia da capital galega. Estes días estase a convocar á xente para que acuda a Madrid durante eses días a protestar polo que, dende a plataforma ceivar, considérase un xuízo político. Antes de nada teño que lembrar que Ugio Caamanho e Giana Gomes levan tres anos no cárcere (concretamente en Ávila e Cadiz, creo) e enfróntanse no xuízo da vindeira semán a penas de cárceres de ate 28 anos (que deberían cumprir de xeito íntegro). Dende este foro non vou a dicir que o que fixeron está ben e que deben quedar libres no acto pero o que parece claro e que se está a celebrar realmente un xuízo pólítico contra estes rapaces que o que fixeron foi poñer, nun caixeiro automático e cun mecanismo de control remoto para evitar danos persoais, un artefacto explosivo.
Evidentemente non é algo que estea ben feito, ao meu modo de ver as cousas, pero tampouco creo que se poda condear a estas persoas a 28 anos de cárcere e que se lles teña dende hai 3 na cadea. Con este tipo de conductas xudicias parece que se lle está a dicir á sociedade que poñer unha artefacto explosivo nun caixeiro é moito peor que matar a unha muller, violar a unha rapaza, etc xa que as condenas por estes delictos son menos duras que as que enfrontan Ugio e Giana. Por poñer un exemplo de actualidade, os animais eses que queimaron a unha persoa nun caixeiro en Barcelona é probable que, de producirse a sentenza que se espera contra os presos independentistas, cumpran menos anos de cárcere que Ugio e Giana e, en todo caso, o farán en mellores condicións.
En resumo, queiramos ou non, dende as altas instancias xudicias parece que hai intención de aplicar unha condea exemplarizante aos rapaces presos para evitar "males maiores no futuro" e iso, persoalmente, non me parece xusto. Non estou de acordo cos obxectivos políticos nin cos xeitos de conquerilos de Ugio e Giana pero paréceme a todas luces evidente que, por producir destrozos materiais nun caixeiro automático, non se pode ter a estes rapaces 3 anos na cadea e, moito menos, condealos a 28 mais xa que, todos os días, vemos delictos moito máis execrables, con danos persoais incluídos, nos que os autores pasan moito menos tempo na cadea e en mellores condicións.

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Ben, sempre é difícil calificar un sumario coa información á que temos acceso. Con iso quero dicir que se tiveramos oa autos diante, poderiamos estar seguros de se a mochila en cuestión foi detonada nun caixeiro porque ese era o obxetivo ou ben porque o feito de que ó portador da mesma estivese a ser seguido desde que saíu cara compostela fixo que abandoase o artefacto antes de achegarse o seu obxetivo.

    Dado o delito que se lle imputa, eu inclínome máis pola segunda version, xa que o atentar contra un caixeiro sería constituínte de outro delito. É de entender que a fiscalia ó calificar o delito debeu ter en conta datos que a nos se nos escapan.

    Por outro lado o delito en cuestión pode ser castigado cunha pena de ata 28 anos de prisión, o cal non quere dicir que esa sea a pena que pide o ministerio nin a que o final lles sexa imposta á ese par de heroes. En todo caso, a pena que se lles impoña terá como computados os tres anos de prisión preventiva, que se restarán dos que deban cumprir.

    Aproveito de todas formas para reflectir que un fraco favor lle fixeron eses dous á súa causa, que o emprego de medios violentos para consecución de obxectivos políticos non ten xustificación ningunha nesta sociedade, e que se os medios normáis previstos para a expresión da diversidade de pensamentos non lles da o resultado que eles queren, que se poñan eles as pilas e se deixen de paparruchadas.

    Porque desde logo o límite da liberdade de exoresión está nos medios polos que ésta se exerce. Se vou de viaxe de pontevedra a santiago e de repente a mochila do meu veciño de asento estoupa porqué éste se trabucou ó seguir os pasos do manual do perfecto terrorista/yihadista e puxo o cable azul onde ía o verde, obnubilado pola represión da que é obxecto por parte do estado español que non lle concede a independencia a galicia e a presidencia da república galaica a él mesmo, mesías salvador de tódolos galegos que languidecemos baixo a bota española, de seguro a cousa non tería tanta gracia.

    O que a fai, a paga. E ás veces o precio é moi alto. Moralexa: non a fagas, e menos no meu nome.

    un saúdo

  2. Adycto dí:

    Como xa dixen no artigo non estou a xustificar a actitude, maneiras ou obxectivos dos rapaces presos. Por outra banda é evidente que escápansenos cousas do sumario e, polo menos a min, fáltamne coñecementos xurídicos mais, sen embargo, sego a dicir que por ter posto unha bomba nun caixeiro non creo que se poda ter a dous tipos en prisión 3 anos. Simplemente paréceme unha pena excesiva (e exemplarizante) cando todos os días vemos casos nos que os detidos pasan pola cadea "de visita" por cousas, ao meu humilde entender, máis graves, Evidentemente seguro que xuridicamente a actuación é irreprochable pero eu falo coma cidadán: Como se lle pode explocar a un cidadán que Julián Muñoz (que robou a expuertas pasta dos contribuintes) ou casos semellantes pasen na cadea o tempo que pasan e estes dous leven tres anos no caldeiro....É so iso

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -