Publicado por : Adycto 21 de outubro de 2008


Pasou xa tempo dende que o señor Ramón Rodríguez Ares, máis coñecido como Moncho (es mucho), deixou a alcaldía de Sada despois de 24 anos como rexedor deste concello coruñés. Con el marchou o retrato de Franco que, durante case que un cuarto de século, adornou o seu despacho no concello e moitos pensamos que marchaba tamén o modelo clientelar de facer política que durante anos levouse a cabo neste concello coruñés e que fixo que moitos chegaran a coñecer a Sada como a "Marbella do norte". Sen embargo parece ser que as cousas non mudaron de todo no concello. Según nos conta hoxe o xornal La Opinión, un veciño de Betanzos, J.A.C.L., denunciou onte ao alcalde de Sada, o nacionalista Abel López, por un presunto delicto de prevaricación, ese xeito tan fino de dicir que "un cargo público dicta, a sabiendas, unha resolución inxusta". Para coñecer o tema en profundidade o mellor é que leades a noticia que publica hoxe La Opinión pero, a modo de resumen, podo dicirvos que o caso é ben sinxelo: un veciño de Sada está exercendo como taxista no concello ao mesmo tempo que desempeña labores de formación no concello de Betanzos, nun claro caso de incompatibilidade. Postos en coñecemento do alcalde estes feitos polo denunciante o señor López non fixo absolutamente nada, no que parece un claro caso de "encubrimento". O tema tamén lle toca en parte ao concello de Betanzos, dirixido pola inefable María Faraldo (a asinante do famoso informe no que recomendaba aos concellos do PP dilatar a sinatura dos convenios para a constitución das brigadas contraincendios) xa que a irregularidade estase a cometer nun posto de traballo ofertado polo concello brigantino. Cónstame que o concello de Betanzos ten ademais constancia deste caso e tampouco fixo nada ao respecto. En resumo e, xa para concluír, a corrupción non se detén e mesmo non distingue entre partidos políticos. Onte foi Moncho, hoxe Abel López. Quen será mañá?

Por certo, sería interesante coñecer o nome e apelidos da persoa que está a ser "protexida" polo silencio do alcalde de Sada non vaia a ser que sexa familiar dalgún importante cargo político do BNG. E xa sabedes que en Xornal Aberto non falamos por falar...

3 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    É ben triste de ser certo...non creo que chegue a ser tan chungo como foi moncho pero a verdade é que doe que un alcalde do bng ande metido en lerias deste tipo

  2. Anónimo dí:

    Home, comparar un e outro paréceme pouco serio. Para empezar habería que sabe qué é o que di Abedl, xa que pode ser que nin saiba de qué vai a historia, aos alcaldes non lles chegan tódolos escritos que se presentan no Concello, e pode que a algún "funcionario" se lle perdera a denuncia. Haberá que mirar o que pasou, pero sen acusar por diante, e sen comparar o que é incomparable.

  3. Adycto dí:

    Evidentemente, os grados de corrupción (se é que neste caso se da) non son nin parecidos pero é ben triste que tras un alcalde como Moncho veña outro tamén metido en lerias. No da "perda da denuncia por parte dalgún funcionario" creo que non estás acertado, xa que, polo que eu sei do caso (o que puiden ler e preguntar)o alcalde coñecía de primeria man esta situación, contada en persoa polo propio afectado.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -