Publicado por : Adycto 23 de outubro de 2008



Segundo puiden ler hoxe no Pravda, que é como algúns chamamos ao que antes era "Diario independiente de la mañana" e agora "periódico global de noticias en español", un rapaz marroquino de 18 anos acaba de ser condeado a 18 meses de cácere por "xogar" co nome do moncarca. Resulta que este rapaz, hincha do Barça, escribiu na pizarra da súa clase, durante un recreo, a divisa de Marrocos "Deus, Patria, Rei" (Ala, El Watan, Malik) pero cambiou a última palabra por "Barça". A broma, se é que se lle pode chamar así a esta rapazada, estalle a sair cara. Os feitos tiveron lugar a principios desta semán e, cando os profesores viron o escrito na pizarra, o denunciaron á policía (que grandes mestres). Os axentes policiais chegaron ao colexio e interrogaron aos alumnos, inclusive a golpes segundo o diario Al Jarida al Oula, o que fixo que o rapaz confesara o seu "delicto".


A barbaridade non queda ahí xa que a Fiscalía acusou ao rapaz de "faltarlle ao respecto a Mohamed VI" e, tras un xuízo sumarísimo (no que o rapaz non contou con avogado), foi condeado a 18 meses de cárcere. Os incidente foron o luns e a condea o mércores pola tarde. O rapaz está xa na cadea e, segundo denuncian os seus familiares, compartido espacio con 80 presos comúns.


Creo que pouco máis hai que dicir. As ditaduras, teñan o formato que teñan, son espantosas. Pero se ademais están recubertas dun lixeiro barniz de "democracia" e, aínda por riba, comandadas por un mocarca calquera, son todavía peores. É así de triste pero, ao ditador marroquino, como a todos os dictadores, non lles gusta que ninguén saia da raia, polo menos se non é rico.


Outra cousa, para os que andan faltos de memoria, lémbrolle a todo o mundo que o "noso" rei, ese que é tan campechano, declarouse hai anos como "irmán maior de Mohamed VI". Para os que non o lembran con exactitude vai este estracto recollido do blog Mis paridas:


Allá por el verano de 1999, murió Hassán II rey absoluto de Marruecos, pasandoel trono a las manos del actual Mohamed VI. A la ceremonia de coronación delmismo asistió Juan Carlos. El Borbón, se despachó con un discurso en el que incluyó una emotiva frase que más o menos venía a decir “Desde mi coronación,
vuestro padre, me ofreció su inestimable apoyo, participándome que no dudara nunca en acudir a él siempre que necesitara de su experiencia, ya que se consideró como mi hermano mayor. Ahora es el momento de corresponder a tan preciada generosidad, ofreciéndome yo a ti como hermano mayor tuyo sin reservas”


Pois iso, que o Borbón ten tino para escoller irmáns.....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -