Publicado por : Adycto 12 de setembro de 2006


Onte saltaba a noticia. Segundo publicaba a Cadena Ser na súa páxina web, a dirección provincial do PP en A Coruña estableceu, antes da vaga de lumes que asolou Galiza no mes de agosto, unha estratexia para retrasar a firma de convenios coa Xunta para a contratación de brigadas contra o lume. Nun escrito que o PP coruñés enviou aos alcaldes da súa formación pídeselles que retrasen o máximo posible a sinatura dos convenios coa Xunta para contratar ás brigadas antiincendios, e se recoñece, que os convenios que propón para a súa sinatura a Conselleria de Medio Rural non son "sustancialmente diferentes" aos da Xunta anterior. Non se xustificaría polo tanto o rexeitamento destes acordos e establece unha estratexia “baseada na dilación”, no retraso, pero “non na negativa”.

Para que non xulguemos sen coñecer, Xornalaberto vos ofrece o docuemnto íntegro enviado polo PP de A Coruña aos seus alcaldes e que, por certo, aparece asinado pola candidata do PP a alcaldía de Betanzos, a inefable Mari Faraldo.

Un mes e medio despois de que se redactara este comunicado, Galiza sofría a peor vaga de lumes que se lembra.


One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    Non me parece nada sorprendente, vindo de onde ven.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -