Publicado por : Adycto 16 de outubro de 2008


Pois nada, que xa me contestaron os do departamento de comunicación de Lancia a consulta que lles fixen sobre o sexto dedo no anuncia do novo Delta. A resposta non deixa de ser curiosa porque afirman que "Nos ha llegado su consulta vía e.mail y le contestamos a su pregunta. El 6º dedo no existe es simplemente una sombra que se hace en la nieve como puedes ver en la imagen adjunta.Muchas gracias por su interés" e eu, a verdade, creo que non están a explotar suficentemente ben o da "sombra" na imaxe. Ao mellor é que non queren darme nada por descubrir esta curiosidade (eu xa contaba cun coche novo) e a pensan aproveitar para a nova campaña. Dende logo é curioso que sexa froito da casualidade que haxa un sexto dedo na pegada deixada polas mans do rapaz cando o "motivo" da campaña e o seu principal slogan sexa "feel the difference". Eles o perden.


Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -