Publicado por : Adycto 23 de outubro de 2007


Hai días nos que tes poucas cousas que contar e outros nos que son tantos os temas que tes que reservar algún. Supoño que a estas alturas xa o saberedes pero morreu Juan Antonio Cebrián, o director e presentador do espacio "La Rosa de los Vientos" que tantas noites de insomnio provocou en xentes da mais diversa índole. A morte de Cebrián, con tan só 41 anos, vai ser case que imposible de olvidar para a lexión de seguidores que cada fin de semana acompañaban a este manchego de pro nas súas viaxes radiofónicas cara as partes menos coñecidas da realidade humana. Alomenos temos a certeza de que sempre estarán ahí os seus libros. Falando de libros, parece que Norman Mailer vai mellorando das dolencias que o levaron a semana pasada a ser ingresado nun hospital. Parece pois que o autor de frases tan célebres como "o éxito é so a metade de bonito cando ninguén nos envexa" ou "hai que ser un artista para entender a outro e os críticos de arte non se parecen moito aos grandes pintores", vai saindo do seu.


Aproveito que semella que o de hoxe vai de autores literarios para falar doutro: Patrick O´Brian. Descuberto polo que escribe recentemente gracias a un gran amigo, este autor irlandés morto no ano 2000 é a mellor opción que coñezo para volver a ler novela de verdade. Ten moitos libros pero a serie que estou a ler, composta por 21 volumenes e coñecida como a saga "Aubrey-Maturin", é unha auténtica delicia. Despois de superar as dificultades propias de quen se achega ao mundo da nautica sen ningún coñecementeo previo, a lectura destes libros convértese nunha paixón que un non pode abandonar por nada do mundo. Compartindo, por unha vez e sen que sirva de precedente, opinión con Reverte "Descubrí esas historias hace poco, y en ellas reencontré un placer que creía agotado: sumergirme en la pasión de una historia fascinante y que aún no me había contado nadie". Recomendo a lectura completa da reseña feita por Reverte hai uns anos sobre este autor e unha visita pola mellor páxina en castelán adicada ao autor da saga "Aubrey Maturin", e que aparecerá en San Google cando tecledes "El Sollado de la Surprise". Tamén, coma non, recomendo a lectura do primeiro volumen da serie titulado "Capitán de Mar y Guerra" (en inglés Master and Commander) que poderedes atopar en edición de tapas blandas en calquera librería por 10 euros. Por certo, a película de Russell Crowe "Master and Commander" está inspirada nesta saga da que estamos a falar hoxe.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -