Publicado por : Adycto 25 de outubro de 2007


Estes días non paran de pasar cosas pero eu, a verdade, teño a cachola notor lado. Teño apuntados na miña libreta de temas falar do éxito que Noite de Reis, a nova obra do CDG, tivo en Santiago de Compostela nas tres semanas que estivo en cartel (preto de 3.000 persoas pasaron a vela) e de como a obra vai a representarse agora en outras cidades galegas como Ourense, A Coruña ou Pontevedra. Tamén teño apuntado falar do anormal este que golpeo a unha rapaza ecuatoriana nun tren catalán, da crise de infraestructuras que está a sufrir a terra gobernada polo "bachiller" Montilla, ou das últimas novidades en torno á Cidade da Cultura pero todo isto terá que ser dentro duns días xa que mañá pola máña marcho para Cádiz a pasar uns días co cal, ata a volta, non creo que escriba nada. Ao mellor se atopo tempo e conexión escribo algo dende Cádiz pero o máis probable é que ata o martes non haxa actualizacións novas. O dito, marcho que teño que marchar.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -