Publicado por : Adycto 18 de outubro de 2007


Entereime polo xornal máis bórico que o escritor norteamericano Norman Mailer ingresara, onte pola tarde, nun hospital aqueixado de severos problemas respiratorios que fixeron que fora trasladado á unidade de cuidados intensivos deste centro hospitalario. Mailer, de 84 anos de idade, é un dos escritores e intelectuales norteamericanos máis coñecidos e é autor de 11 novelas e de infinidade de ensaios e obras de teatro. Eu descubrín a Mailer a través dun libro olvidado nunha librería de segunda man titulado "Os exércitos da noite" e, dende ese momento, quedei enganchado polo peculiar xeito de escribir deste home así como polas súas complicadas ideas políticas. Escritor moi vencellado ao mundo da política, ten moitos episodios na súa vida dos que arrepentirse como así afirmaba o propio Mailer hai anos "outro episodio na miña vida no que non atopo nada agradable nin nada do que sentirme orgulloso". Eu, despois de leer os "Exércitos da Noite" quedei profundamente impresionado (trata sobre o posicionamento da sociedade norteamericana na guerra do Vietnam) e volvín a leer outra novela súa, esta vez "Os tipos duros nunca bailan" que, aínda que me gustou, non me chegou tanto como a primeira. A miña relación con Mailer continuou coa que posiblemente sexa a súa mellor obra "Os espidos e os mortos", na que o escritor conta as súas experiencias durante a Segunda Guerra Mundial. Xa vos digo que non son un apasionado deste escritor e moito menos das súas ideas políticas e do seu significado para o movimento contracultural norteamericano pero, a verdade, os libros que eu leín del deixáronme unha pegada moito máis profunda do que eu pensaba cando comecei a leelos. Esperemos que se recupere dista.

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Pois a min paréceme un pouco fascistoide....

  2. Adycto dí:

    Xa che digo que non entro no seu xeito de pensar senón na calidade das súas novelas.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -