Publicado por : Adycto
19 de outubro de 2007
Hoxe temos dúas cousas ben distintas para tratar en Xornal Aberto. Por un lado, presos como somos da actualidade, non temos máis remedio que ensinarlle aos nosos lectores o novo video electoral do PSOE que baixo o slogan "Con Z de Zapatero" pretende captar votos para as vindeiras eleccións do mes de marzo. Parece que está de moda facer videos e, despois do recente Pasapalabra socialista e da Mensaxe da súa maxestade Madiano I de España, tocáballe o turno a ZP. A verdade e que a min o video non me gusta nada porque dame a impresión de que o presidente do goberno está a falar para "idiotas". Creo que pode estar ben mostrar unha faceta máis humana do presidente do goberno pero o ton da mensaxe paréceme dirixido, como dicía anteriormente, a "lelos". Ao mellor estou equivocado e a todo o mundo gústalle moito pero eu prefiro outro tipo de campaña electoral, máis seria e máis cargada de argumentos e de ideas. Nesta liña de seriedade e de argumentación está o segundo asunto que imos tratar hoxe en Xornal Aberto. Onte pola noite, presa do insomnio, estiven dando unha volta por moitos dos espacios da blogosfera nos que adoito parar e, coma non, achegueime ata o Rabudo, ao que facía tempo que non visitaba. No último post escrito por Nacho facíase referencia a un artigo publicado na zona de blogs do xornal Público e asinado polo vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial, Alfons López Tena, titulado "Dependencia ou independencia de Catalunya" e que podedes (e debedes) leer premendo eiquí. Realmente facía moito tempo que non leía algo tan ben argumentado e tan contundente. Evidentemente, podemos estar de acordo ou non co autor pero, o que ninguén lle pode negar, e a excelente argumentación que fai sobre o tema. Máis argumentos e menos videos sen contido. Non deixedes de leelo!
Publicar un comentario