Publicado por : Adycto 7 de agosto de 2007


Hoxe todos os xornais, televisións e radios teñen como unha das principais noticias do día o posado anual da familia real española de vacacións e, como cada ano, un ten que ler como a "prensa seria" deste país pelotea de xeito impenitente a unha familia que, unha vez máis, pasará dous meses de vacacións no Palacio de Marivent, a costa do peto de todos os españois. Ademais, tal e como contaba o señor Anasagasti hai un par de semanas no seu blog, Juan Carlos xa ten un novo barco, un novo Bribón (e van 14 veleros xa con este nome), co que navegar tranquilamente polo mar mentres unha revista satírica deste país ten que enfrontarse a todo tipo de acusacións e ao secuestro dun número por poñer na portada da publicación unha caricatura de Felipe e de Letizia.

A verdade é que o da familia real española non ten perdón de Deus. É moi habitual escoitar na xente frases como "os reis espáñois nunca dan un escándalo, mira para os ingleses que non paran de meterse en líos" ou outras do tipo "os reis españois son moi normais e traballan moito" cando, en realidade, o que pasa é que existe unha auténtica censura informativa ao redor desta familia e un peloteo constante por parte de todo o mundo (partidos políticos, medios de comunicación, empresarios, etc) propio de hai 5 séculos. Polo menos en Gran Bretaña non son intocables e, de cando en vez, os medios métenlle un meneo pero, o que é eiquí, é imposible. Xa pode o rei estar cazando un oso bébedo (o oso non Juan Carlos Uno) que non sae en ningún lado pero o que sí sairá será o posado anual desta pandilla de sinvergüenzas no seu palacio vacacional.


Xa para concluír quero lembrarlle a todo o mundo que Juan Carlos Uno foi posto onde está por Franco. Ninguén o elexiu e, sen embargo, ninguén o pode criticar, nin a el nin a súa familia. E mira que a familia e criticable e caricaturizable porque, se tiveses que quedar obligatoriamente cun dos fillos dos reis das Españas con cal te quedarías?: coa tonta, coa menos tonta ou co gilipollas? Se total os tres sonche uns vagos que non deron na súa vida un pao ao auga. E o peor de todo é que vai a ser complicado largar a estes gorróns da súa poltrona xa que, para botar a un presindente do goberno hai un mecanismo sinxelo: as eleccións pero, para botar a estes carallos, hai que facer máis números que nun circo. Iso si, eu sonche optimista e espero ver, antes de morrer, como os carallos estes dos bribóns deixan a súa poltrona. Chamádeme optimista pero confío moito na incapacidade manifesta de Felipe para facer calquera cousa.


Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -