Publicado por : Adycto 8 de agosto de 2007


Un estudo realizado pola revista Personality and Individual Differences, revela que as mulleres prefiren homes con algúns rasgos femininos en lugar de aqueles que mostran un aspecto moi masculino. A razón é que estes últimos non son vistos como bos candidatos para unha relación permanente. Xa sabedes que eu desconfío moito da credibilidade deste tipo de estudos pero, segundo este, o macho ibérico parece que está a vivir os seus últimos días. As mulleres participantes no estudo indicaron que os homes con algúns rasgos femininos poden ser compañeiros máis comprometidos e con menos tendencia á infidelidade. Ou sexa, que para vivir en parella mellor Beckham que Javier Bardem? mellor un destes metrosexuais que un tipical spanish? Non sei que dicir.

Os científicos pedíronlle a 400 homes e mulleres británicos que emitiran un xuizo acerca de fotografías de homes alteradas co obxecto de que se viran máis ou menos masculinos ou femininos. Tamén se lles solicitou que pronosticaran as súas características personais, incluído o comportamento sexual, e se serían bos pais.

Desta xeito e, sempre segundo este estudo, os homes de rasgos moi masculinos, como o mentón cuadrado (ese que eu chamo de superman e que ten o seu referente en xente como Artut Mas), unha nariz máis voluminosa e ollos pequenos, foron calificados como dominantes, infieis, malos pais e con personalidade menos "cálida" en comparación cos que tiñan algún rasgo feminino. Ou sexa, señor Bardem, señor Urzáiz, señor Javi Navarro....son ustedes un tipos infieis, malos pais e dominantes, segundo di esta revista. Parece que as mulleres teñen deixado de crer no mito da masculinidade asociada ao bo estado físico e á inmunidade ás enfermidades.

Non sei que pensaredes de todo isto pero, se é así, creo que todos os que atendemos máis ao patrón de masculinidade latina (peludos, narizotas e cos ollos pequenos) vamos a ter dificultade para atopar unha parella estable que os outros....Cousas dos estudos.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -