Publicado por : Adycto 24 de outubro de 2006


Esta nova pode leerse en diversos medios de comunicación estatais desde hai algúns días pero en Xornalaberto, que somos moi prudentes, estivemos agardando a que a Casa Real se pronunciase sobre a nova para poder publicar a información (non sexa que nos demanden). A Casa Real, como non podía ser doutro xeito, nega a veracidade desta información afirmando que o Rei estivo cazando durante as datas indicadas na zona indicada pero calificou de "ridículas" as informacións que falan do oso bebedo. Por certo, xa sei que o titular da lugar a confusión pero, aínda que pareza difícil de creer, o que estaba bebedo (como Suellen) era o oso, non SM.

Deste xeito, hai uns días, o xornal ruso Kommersant recollía unha carta que un empleado forestal enviou ao gobernador da rexión de Vologda, Viacheslav Posgaliov, na que aseguraba que durante unha cacería celebrada o pasado mes de agosto, na que particpou o Rei de España, deuselle de beber a un oso unha mezcla de vodka con mel. A misiva asegura que "ao oso metéronno nunha caixa e transportáronno ata o lugar da cacería. Despois déronlle vodka misturada con mel. O animal borracho foi un branco fácil. SM matou a Mitrofan (nome do animal) co primeiro disparo".

A información do xornal ruso, que podedes contemplar premendo no link anterior e buscando "Juan Carlos" nos seus arquivos, ven acompañada dunha foto realmente boa do monarca español. Por certo, Esquerra, aproveitando a polémica quere sacar este feito na próxima sesión de control do Congreso e pedir explicacións ao Executivo socialista. Entre outras preguntas que Tardà quere elevar ao Congreso está o saber se o Goberno sabía algo desta cacería.

Non é a primeira vez que Juan Carlos ten problemas coas súas expedicións de caza. Hai tempo, SM matou en Polonia a un bisonte europeo e, tamén hai un par de anos, particpou nunha cacería en Rumania a nove osos e a un lobo. Tanto o bisonte europeo como o oso e lobo están amenazados de extinción. Convertidos ao capitalismo, os antigos países comunistas poñen en venta os osos, os bosques, os bisontes, frecuentemente a través de multinacionais -de cotío americanas- que moven os seus resortes para contar co respaldo de persoeiros influíntes, como é o caso de SM, nas súas polémicas actuacións.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -