Publicado por : Adycto 3 de agosto de 2007


Parece que agora sí que chegou o verán. Despois dun mes de xullo pragado de choiva e de temperaturas otoñais parece que, dunha vez por todas, chegou o verán á capital de Galiza. Coa chegada do verán chega o momento de poñerse o bañador e de apreciar como a vida sedentaria, de sofá e televisión, que levamos durante o inverno pasa factura agora en forma de lorza e de michelin. É o momento de frases como "teño que facer algo de deporte" ou "teño que comer menos trapalladas" ou inclusive "o verán que ven vou a estar en plena forma" pero a realidade dí que chega o momento de exhibir as nosas lorzas nas praias ou nos ríos. Durante o resto do ano a roupa disimula pero cando chega o momento do bañador nada pode agacharse. Para que non pensedes que este é un post de recheo vou facer un comentario político: qué pensades de que o goberno convoque un consello de ministros extraordinario (xa están de vacacións) para aprobar as axudas necesarias para paliar os efectos dos lumes nas Canarias? O digo porque o verán pasado, cando os lumes asolaron Galiza, houbo que esperar a que rematasen as vacacións dos ministros para que se celebrase un Consello semellante. É unha desas comparacións entre comunidades que tanto me gustan. E comparo o dos lumes por non falar de que ZP prometeu que o AVE chegaría a Barcelona o 21 de decembro deste ano....Cando o teremos eiquí?...Supoño que máis ou menos cando descubramos como a Xunta puido aprobar un investimento de 7 millóns de euros para construír un parking na Cidade da Cultura que dé servizo aos vehículos de preto de 200 traballadores ou cando saibamos canto valeu a reforma que o actual presidente da Xunta fixo na Residencia Oficial de Monte Pío, é decir,....... NUNCA!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -