- Atrás »
- Curiosidades , curioso , mundo »
- SEGUIMOS COS XEMELGOS KACZYNSKI
Publicado por : Adycto
31 de maio de 2007
Parece que os irmáns xemelgos Lech e Jaroslaw Kaczynski seguen en Polonia a súa cruzada contra os homosexuais sen que ninguén, agás Xornal Aberto, denuncie con contundencia a súa política autoritaria e de mengua de dereitos. Esta vez, tras a investigación realizada coa serie infantil dos Teletubbies, en busca de contidos homosexuais, tocoulle o turno á serie británica de televisión 'Litte Britain' (en España emitiuna seguro Canal + e non sei se ata a Galega). A Televisión Polaca (TVP) acaba de censurar un dos capítulos desta serie producida pola BBC. A escena concreta eliminada é unha na que un pastor gai bica ao seu amigo. Segundo os responsables da cadea a supresión desta escea levouse a cabo porque "podería crear controversia entre o público polaco e ademais non corresponde á misión que debe cumplir unha televisión pública". O peor de todo e que, mentras os irmáns Kaczynski cometen todo tipo de tropelías é aproban leis que atentan contra os dereitos individuais das persoas, a Unión Europea non fai nada ao respecto. Ninguén denuncia o comportamento destes persoeiros que están facendo cousas que, de producirse en EEUU, serían portada de todos os telexornais pero, como é en Polonia, ninguén di nada.
A pasaxe eliminada pola televisión polaca ten unha duración aproximada de un minuto e, ademáis de bicarse, o pastor e o seu amigo discuten diante dun 'stand' de productos eróticos nun mercado ao aire libre."Os telespectadores británicos son máis abertos e máis indulxentes que os polacos. Teñen un sentido do humor a veces incomprensible para o público polaco", añadiu un responsable da cadea televisiva.
'Little Britain' é un espectáculo humorístico baseado en 'sketches'. Protagonizada polos actores Matt Lucas y David Walliams, creadores e guionistas da serie, ambos interpretan unha galería de personaxes estereotipadas do seu país natal.
Good post and this enter helped me alot in my college assignement. Thanks you seeking your information.