Publicado por : Adycto 30 de maio de 2007


Segundo publica hoxe o xornal o País, un estudo detecta problemas de saúde nos mariñeiros que combatiron contra a marea negra do Prestige. O estudo, realizado por expertos na materia de A Coruña, Madrid e Barcelona sobre 6.869 mariñeiros que limparon o chapapote verquido polo petroleiro, conclúe que os danos respiratorios que sufriron os que participaron en tarefas de limpeza na costa persistían dous anos despois de estar en contacto co verquido do petroleiro. O informe sanitario completo publicarase en breve nunha revista científica de gran prestixio. Esta parece ser unha herdanza máis das que deixou o Prestige entre os galegos e galegas pero que, como todos lembramos, non debía ser chamada nin marea negra nin catástrofe ecolóxica, era simplemente un accidente.




A tos crónica, as dificultades para respirar pola noite e a obstrucción nasal son algúns dos síntomas a largo plazo que sofren os pescadores e que tamén padecen os voluntarios e outras persoas que colaboraron na extracción do fuel e que se protexeron cunha mascarilla, aínda que neste caso os efectos son menores. Os autores do traballo, que está a punto de publicarse na revista científica American Journal Respiratory and Critical Care Medicine, sinalan que a limpeza do verquido do Prestige "non foi inocua" e que "produxo trastornos respiratorios que teñen persistido transcurrido un tempo prolongado dende a exposición".



Os investigadores contrastaron nas persoas que estiveron en contacto co fuel unha "maior prevalencia" de tos e expectoracións crónicas, de dificultades respiratorias pola noite e de obstrucción e goteo nasal.Estes síntomas son ademáis máis intensos nos pescadores que traballaron nas tarefas de limpeza durante máis días e horas seguidas, e entre aqueles que tiveron máis cometidos. O informe refírese especificamente a aqueles mariñeiros que, ademáis de retirar o hidrocarburo do mar, das praias e das rochas, dedicáronse a descontaminar os barcos. As mascarillas repartidas pola Administración aliviaron os efectos, pero non os anularon.
>/span>



Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -