Publicado por : Adycto
15 de marzo de 2007
Parece que últimamente en Xornal Aberto está de moda falar de xemelgos. Hai un par de semanas, este blog publicaba un post expricando como, no concello coruñés de Ares, dous irmáns xemelgos disputan, nas videiras eleccións municipais, o sillón de alcalde. Hoxe, grazas ao xornal El País, outros xemelgos saltan á palestra informativa de Xornal Aberto: os irmáns Lech e Jaroslaw Kaczynski, presidente e primeiro ministro respectivamente de Polonia. Este par de anxeliños teñen "abraiada" a Europa e medio mundo coa entrada en vigor, a partir de hoxe mesmo, da denominda "Lei de Lustración" que obrigará a centos de miles de polacos a respostar á pregunta: "Colaborou vostede secreta e conscentemente cos antigos servizos de seguridade comunistas?". Ou sexa, unha auténtica e xenuina depuración ideolóxica. Os imaxinades que Zapatero fixera aquí o mesmo e lle preguntase, a tódolos nacidos antes do 1950 (por exemplo), se colaboraron alguna vez coa policía política de Franco? Hai outra guerra civil seguro!
Así, xornalistas, funcionarios, directores de escola e mestres universitarios, nados antes de 1972, teñen dous meses para confesar se colaboraron cos servizos secretos do réxime comunista que gobernou o país ata 1989. Os "marcados" que no envíen o seu currículo o mentan sobre o seu pasado (pensan cotexar os datos cos dos servizos secretos) comerán un delicto, e se lles poderá prohibir que exerzan a súa profeción 10 anos. Dende Xornal Aberto, como comprenderedes, estamos absolutamente en contra desta lei que ataca as liberdades individuais dos cidadáns protexidos por calquera texto constictucional. Ademais, pensamos que esta Lei só conseguirá dividir a un pobo e cometer grandes inxustizas con moitas das persoas que loitaron contra o réxime comunista.
Por outra banda, quen nos dí que estes xemelgos (ou calquera outro gobernante posterior) non pregunta, xa que estamos, a que partido votaches no ano tal? ou, cantas veces fuches a misa durante os anos tal e cal?, etc, etc. Primeiro foron a polos xudeus e, como eu non era xudeu non fixen caso. Logo foron a polos negros e, como eu non era negro, non fixen caso....Esperemos que o Tribunal Constitucional polaco sexa quen de parar, antes de que se cumpran os dous meses que teñen os "marcados" para contestar á pregunta, esta Lei absurda e, a todas luces, contraria ás liberdades individuais dos cidadáns.
Publicar un comentario