- Atrás »
- Curiosidades , curioso , Galiza , política »
- RESULTADOS EN ARES
Publicado por : Adycto
29 de maio de 2007
Xornal Aberto deu a noticia, hai xa algún tempo, de que no concello coruñés de Ares dous irmáns xemelgos loitarían pola alcaldía. O caso era que un deles, o que ata ese momento era tenente de alcalde no goberno presidido polo seu irmán, abandonaba o partido (popular por suposto) para presentarse a alcaldía abanderando un novo proxecto (Nova Alianza). Tras as eleccións do domingo, a cidadanía decidiu que "nin xan nin perillán" e a alcaldía pasará, despois de dúas lexislaturas "populares", a mans do bipartito xa que os resultados (5 PP, 5 PSOE, 2 BNG e 1 NAL) así o permiten e o candidato do BNG xa anunciou que pactará co PSOE para alonxar do bastón de mando aos irmáns Cendán. Por fin un pouco de cordura!
Por certo, falando de xemelgos, quero comunicar aos nosos ben queridos lectores que os famosos xemelgos polacos Lech e Jaroslaw Kaczynski, que xa no pasado ocuparon a portada de Xornal Aberto pola súa persecución contra os homosexuais e contra os "politicamente non limpos", teñen un goberno feito a súa medida, xa que a Voceira dos Dereitos do Neno de Polonia, Ewa Sowinska, quere que expertos do seu departamento analicen se os famosos teletubbies fomentan a homosexualidade. Segundo informou a Cadena Ser, a señora Sowinska pensa que a popular serie "promociona a homosexualidade" e afirma que "penso que será convinte que esa sospeita sexa estudiada polos psicólogos da miña oficina e que sexan eles os que dictaminen se a serie pode ser transmitida pola televisión ou non", señaló Sowinska. Nada que engadir.
Publicar un comentario