Publicado por : Adycto 13 de febreiro de 2007


Ares é un pequeno concello do norte da provincia de A Coruña, no que, nas vindeiras eleccións municipais, terá lugar un enfrontamento, cando menos, estrano: o actual alcalde, o popular José Manuel Cendán, terá que enfrontarse nestes próximos comicios, ademais de ao candidato do PSdG e do BNG, ao seu IRMÁN XEMELGO, Luis Cendán, que presentarase como candidato dun novo partido chamado NAL (Nueva Alianza). A cousa é rara abondo pero, para complicala máis, hai que dicir que Luis Cendán, o irmán do alcalde, era ata hai nada concelleiro de Facenda, Policía Local, Réxime interno, Protección Civil e Turismo (o superconcelleiro) no goberno do seu irmán e, ademáis, a lista que presentará o novo partido ás municipais é a mesma que presentou o PP nas eleccións de 2003, pero sen o actual alcalde. O PPdG apoia ao actual alcalde e o presidente provincial, Juan Juncal, califica de "aventura independente e en solitario" a candidatura de Luis e afirma que o seu partido "o lamenta, pero no PP estamos por un interese colectivo" e non individual. Estou convencido que se o PPdG monta un circo crécenlle os ananos. Seguro.

Os motivos que impulsaron a Luis a loitar por desbancar ao seu irmán do cargo de alcalde son, segundo el mismo comentaba, "porque José Manuel non é o candidato adecuado, evidencia desgaste, o seu mandato é cuestionado dentro do propio partido e o pobo apoianos". Para saber máis desta loita fraticida é bo que consultedes blogs como A voz de Chanteiro, entrevistas como a publicada polo Diario de Ferrol ao candidato do Nal ou artigos sobre o tema como este publicado na Voz. En Xornal Aberto, de tódolos xeitos, prometemos seguir este peculiar enfrontamento electoral con detenemento. Seguiremos informando.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -