Publicado por : Adycto
20 de marzo de 2007
Hoxe martes, o día no que Otegui afirmou que "ninguén se plantexa, e se o fixera estaría nun erro, construír un Estado independente -no País Vasco- dende a loita armada ou a imposición armada, porque en términos sociais e políticos non se podería soster" e todos os partidos políticos, menos o PP, se concentraron diante do Congreso contra a guerra de Iraq, a nova de portada de Xornal Aberto voltan a protagonizala os xemelgos polacos, os creadores da "Lei de Lustración" que hai uns día comentábamos neste blog. Hoxe, os irmáns Lech e Jaroslaw Kaczynski, presidente e primeiro ministro respectivamente de Polonia, voltan a saltar ás portadas dos noticiarios por prohibir falar de homosexualidade nas escolas polacas. Así, como nos contan en Vieiros, o propio ministro de Educación polaco, avanzara hai unha semana que a norma que o seu departamento preparaba pretendía "castigar a calquera que promova nos centros educativos a homosexualidade ou calquera outra desviación da natureza sexual". Ademais, o ministro subliñou que calquera mestre que faga público que é gay será automaticamente despedido do traballo. O executivo agarda que a lei estea lista nun mes.
A verdade é que o deste par de xemelgos é espectacular. Están facendo unha auténtica depuración política e social no seu país dende o propio goberno da nación. Primeiro foi o da Lei de Lustración (unha limpeza política en toda regra) e agora, despois de atentar contra as liberdades ideolóxicas dos seus cidadáns, a emprenden coa orientación sexual dos mesmos. É inpresionante que esto estea a ocurrir no medio da Unión Europea e ningún dirixente da UE faga ou diga nada.
Publicar un comentario