Publicado por : Adycto 21 de marzo de 2007


Hoxe, segundo nos conta a Voz, a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza decidiu imputar ao ex director xeneral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta, Ramón Ordás Badía, por un delito de tráfico de influencias pola concesión de minicentrais hidroeléctricas e eólicas ao seu cuñado Luis Castro Valdivia, tamén imputado. Sen embargo, a pesares da importancia desta noticia, o protagonista de hoxe en Xornal Aberto non é outro que o alcalde de Teo, o inefable Armando Blanco. O motivo polo que este insigne home salta hoxe á portade deste blog é porque o seu curriculum vitae, xa extenso de por sí, aumentará con varias novas titulacións. Así, Armando ingresará, en breve, na Academia del Vi del Regne de Valencia e na L'Almoina de Sant Jordi de los Cavallers del Centenar de la Ploma. Ademais, o alcalde de Teo, recibirá tamén o título de Archicofrade Ad Honorem de la Antigua Ilustre-Pontificia y Real Archicofradía y Hermandad del Salvador, a Gran Cruz del Tercio de Gallegos de la Escuela Nacional de Náutica Manuel Belgrano de la Armada Argentina e a Gran Cruz da orde de San Constantino el Grande. Además, hoxe Armando ingresou na orde do Tenedor de Ouro. O peor de todo isto é que non é unha broma.



Ata o de agora, Armando tiña un
curriculum moi extenso, cargado de títulos das máis prestixiosas universidades e entidades pero, o rexidor teense, non se contenta con nada e o seu afán de coñecemento e superación o leva a seguir acumulando premios e títulos sen descanso. Entre as súas amizades, atópase o máis granado do panorama cultural actual, e así, por exemplo, o artista coñecido como "El Fary" arropou a Armando na súa investidura como cabaleiro lexionario hai algo menos dun ano.



Por certo, a foto que coroa este post, e na que se ve ao Fary con Armando en comunión de espíritu, está feita no chalé que o señor Blanco construíu en Boiro hai tres décadas, en tan só 28 días. Se queredes saber máis deste protohome, acudide á páxina web do BNG de Teo porque a min rematáronseme as gañas de falar del.

One Response so far.

  1. Vaia envexa de menú. Eu apontábame a unha paella de contado.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -