- Atrás »
- Caixon desastre , Galiza »
- SON OS LUNS ABURRIDOS?
Publicado por : Adycto
19 de marzo de 2007
Mentres o Tedax que desactivou a famosa bomba da mochila de Vallecas di que "A bomba de Vallecas era absolutamente diferente a todo o que tiñamos visto" e desmonta, un pouco máis, a teoría da conspiración xenerada dende hai meses polo diario bórico e a cadea dos curas, o cabo Fisterra pasa a ser patrimonio europeo e Pérez Touriño, o noso bequerido presidente, anda a facer as américas a caza do voto dos emigrantes. Ademáis, volta a neve a Galiza, e Inteviu publica hoxe unha fotos "roubadas" de Elsa Pataky que, por certo, é unha das españolas máis desexadas polos internautas. Non contentos con todo isto, o Mundo nos conta que "O Burka chega a España" e un estudio de Financial Times, recollido pola Vanguardia, fala de que "o 44% dos europeos cree que a vida empeorou dende que o seu país entrou na UE". Ademais, a cadena de radio gubernamental Ser, fala de que "un deputado do PP dice que foi un erro que Aznar estivese nas Azores" e mentres, na Galiza, Berto fálanos da proposta de creación dun novo partido político con moita proxección: o PVBE (Partido da Xente que vota ao bloque por eliminación). E din que o luns é un día aburrido.....
Publicar un comentario