Publicado por : Adycto 19 de xaneiro de 2006


A noticia de actualidade destes días é a dos "Papeis de Salamanca". A madrugada do xoves 19 de xaneiro, os manidos papeis trasladáronse por fin desde Salamanca ata o Ministerio de Cultura, e desde alí o farán en breve ata Cataluña.

O traslado, realizado ás 6:00 AM en medio dun forte despriegue policial, trouxo declaracións desde tódolos frentes, a cada cal máis ridícula. O goberno, a través da súa vicepresidenta, felicitouse pola "absoluta normalidade democrática" coa que se ten producido o traslado a Madrid dos papeis do arquivo de Salamanca. Na mesma liña, a ministra de Cultura, Carmen Calvo, asegurou que se ten restañado unha inxustiza histórica dentro dos "cánones máis escrupulosos". ¿Para que dicir máis?


Pola súa banda, o alcalde de Salamanca, Julián Lanzarote, daba unha rolda de prensa na que volvía a queixarse, en termos moi duros, do traslado do arquivo. Según Lanzarte, a decisión do Goberno ten sido "unha expoliación para pagar unha hipoteca política a Cataluña". Casi nada....

QUÉ CONTEÑEN ESTES PAPEIS


Para opinar sobre este asunto, primeiro hai que saber qué conteñen eses papeis e cómo chegaron ata Salamanca. En primeiro lugar, hai que dicir que este Arquivo, entre outras cousas, contén os documentos apresados polo exército golpista de Franco, durante a guerra civil española, nas diversas cidades que ían apresando. Concretamente, no caso dos papeis reclamados desde a Generalitat, estamos falando, entre outras cousas, de tres millóns de fichas e máis de 300.000 expedientes de miles de cidadáns afiliados a un sindicato ou a un partido político, que se tiñan significado a favor da República ou eran masóns.

Ademais, en referencia ao tan de actualidade Estatut, neses papeis consérvanse as actas das sesións celebradas antes e despois da súa proclamación, os debates sobre a lingua e os límites da liberdade e o comercio; tamén as da comisión mixta creada en novembre de 1932 para inventariar os bens do Estado central cedidos á autonomía ou a adaptación dos servicios que tiñan de pasar á Generalitat. Ademáis, no apartado de Presidencia, consérvase a correspondencia de Francesc Macià dende 1931 como Presidente provisional, as adhesións que recibiu tras o alzamento do 10 de agosto de 1932, a letra pequena da administración da zona, a correspondencia de Lluis Companys tras a crise de abril do 37...

Pola su parte, a documentación do Consell de Gobern permite coñecer a organización dos distintos servicios públicos entre 1936 e 1938, o que sitúa, segundo os responsables da súa catalogación, “no seu contexto político, social e económico os problemas de Cataluña nese periodo, relativos, por exemplo, aos refuxiados españoise noutros países, os castigos aos rebeldes e desertores,...”. A maior parte dos documentos da Generalitat refírense á Xustiza (213), Defensa (170) e Seguridade Interior (49), mentras que de cultura se gardan 16, e 6 de sanidade.

Espero non teros aburrido con esta explicación, pero creo que con isto queda claro de quén son propiedade estes papeis, arrebatados durante á guerra aos seus lexítimos donos, a punta de pistola. Ademais, coido que esta explicación dá a entender a importancia dos mesmos para Cataluña.

UNIDADE

Entón, ¿por qué protestan os do pp e os salmantinos?. Porque falan da necesidade de ter un arquivo nacional unificado. De coña....Na realidade esto é unha falacia. En España non hai un arquivo único. Deste xeito, en Salamanca hai un con determinados papeis, no Arquivo Xeneral Militar de Ávila outros (datos das unidades do ejército republicano), no Arquivo Xeneral Militar de Guadalajara outros (os datos dos campos de traballo franquistas). Por non mencionar os documentos custodiados no Arquivo de Presidencia de Goberno, no do Ministerio de Asuntos Exteriores, os das Audiencias Territoriais, o Arquivo Xeneral da Administración de Alcalá de Henares, os Históricos-Militares de Barcelona e Segovia, o de Viso del Marqués...¿Por qué entón tanta protesta? que alguén me explique.

4 Respostas ata o de agora.

  1. corderí dí:

    Tes una solidaridade do carallo con os salmantinos.......

  2. Anónimo dí:

    Blog solidario con Salamanca = Blog brasileño "Nova Mensagem".

  3. cu-cut dí:

    Solidaridade do cú....

  4. Anónimo dí:

    Tiñan que facerlle un exame sobre o contido das caixas a todala xente que se manifestou en contra da sua DEVOLUCIÓN ó seu lugar orixinal, non pasaban do 0´5 sobre 10 seguro; dentro da política de estar en contra de cousas racionais (como é a restitución de danos por mor do alzamento militar do 36 que deu paso a unha longa e inxusta DICTADURA)que toca agora??... porque ´os "mariquitas" (pantasmas que arruinan a verba "matrimonio" ou "familia ")e ou ós nacionalistas ("anticonstitucionais")xa nos deron dabondo. O ideal é que soio fale e decida a xente que sabe do tema, neste caso chámanse Xuices, anque creo para algúns non é dabondo está figura, e gustarialle que decidirán soio uns cantos residentes da rúa Xénova de madrid. Non señores non, eso xa o tivemos durante os últimos catro anos!!!, agora toca dialogar e chegrar a acordos!. Para finalizar digo que me gusta moito ver a Raxoi pedindo a opinión do pobo por medio dun referendum...tarde señor Raxoi!! como cambia de cor a chaqueta dunha maioría cando nos toca a oposición,eh?; eu fun dos que quería opinar no segundo periodo de goberno do PP, e mandarónme a tomar polo... ou é que ninguen lembra o prestige!!, home que destruiu a nosas costas!! e que fixo nese Raxoi.. escoitar?? jejeje. unha aperta.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -