Publicado por : Adycto 17 de xaneiro de 2006



Cando reflexiono sobre o XIII Congreso do PPdG celebrado, durante o pasado fin de semana en Santiago de Compostela, asómbrome de ver como se fala de "transparencia", "éxito", "fin dunha era" e, sobre todo da "retirada de Fraga", nas informacións que, os diversos xornais, publican sobre tan importante evento.

Máis adiante falarei de Nuñez Feijoo, que para os que non o saben é o sucesor ao frente do PPdG do "rei Fraga", pero agora voume centrar un pouco no señor Iribarne. Un dos puntos álxidos do Congreso foi o momento no que Fraga despediuse do seu "fiel electorado". Con bágoas nos ollos e pulso tembloroso, Fraga diciulle aos presentes que el estaría alí sempre para todo o que necesitara a súa querida Galicia, e que sempre se podería contar con el.

Imos ver, o vello, que acaba de cumprir recentemente os 83 anos, xa fixo todo o que quixo en Galicia durante 16 anos (entre outras cousas avergoñar á moitos galegos ) e, aínda así, quere seguir facendo. O triste non é que o vello queira (está gagá), o triste e que, sen quen ninguén poña o grito no ceo, os seus llo conceden. A partir de agora Fraga vai a ser senador por Galicia.

Por favor señor Iribarne, retírese!!!. Márchese a súa casa de Perbes, como tantas veces dixo que faría a escribir a súas memorias ou o que lle pete pero, por favor, deixe de seguir paseándose en coche oficial, leva vostede subido ao mesmo máis de 40 anos, ¿non cree que é tempo de deixalo?, ¿non cree que o Senado merece crecer como institución e non dar unha volta atrás?, ¿creee que está voste de aínda capacitado para desenvolver unha actividade política?. Non o entendo.

NUÑEZ

Por outro lado, xa temos novo lider no PPdG, o señor Nuñez Feijoo, un auténtico JASP. Pero ademais de JASP resulta, que como nos contou no seu discurso no Congreso, é un neno de aldea, como o Balbino de Neira Vilas. E eu que sempre pensara que éste era un pijo que voltou de Madrid como heredero do fraguismo e emisario de Rajoy, e que apenas sabe falar galego. ¡Qué equivocado estaba!.

Por certo, para os inteserados na política caciquil galega dos últimos anos, Nuñez, cando era neno, ía ao colexio no concello ourensan de Calvos de Randín onde, por aqueles tempos, era alcalde o todopoderoso Baltar. ¡Qué coincidencias ten a vida!

DIVERTIDO

A continuación os ofrezo uns enlaces que van a facer as delicias dos amantes de Fraga. Un "very best" de Iribarne e de algúns dos seus colaboradores.

Fraga e os homosexuais nunca se levaron moi ben xa que "funcionan ao revés"


O pepero alcalde de Negreira e "cando falte Fraga"

http://personales.ya.com/jamsession/audio/emepetreses/alcaldenegreira.mp3

E o xa clásico "Carmiña Burana" do ex-conselleiro de cultura de Fraga

http://jamsession.bitacoras.com/audio/emepetreses/perezvarela-carminaburana.mp3

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    ¿Cal é exactamente o concepto que o PP ten sobre a importancia do senado? unha especie de Jurassic Park político, un cemiterio de elefantes onde os persoeiros doutro tempo podense murchar tranquilamente no inverno das súas vidas para que o trauma de ter que deixar o sillón pase máis de vagar. É lamentable que a que podería ser unha cámara de representación territorial (para eso se fixo, despois de todo), que podería aportar un foro alternativo ós procesos disgregadores da periferia e crear vínculos novos entre as diferentes Nacións/entidades nacionais/realidades históricas que compoñen este país, quede relegada a un papel tan lamentable. Nembargantes, para ser sincero, creo que este no é un problema exclusivo do PP, senón de toda a politica estatal. A negación sistemática da realidade do estado español coma un estado estructuralmente diferente dos modelos continentais (francia) que inspiraron sempre o noso constitucionalismo por parte do estado central leva a estas incongruencias. ¿que aportará o senador Fraga na súa nova andaina no senado? non se sabe. o que sí se sabe e o que o seu partido agarda que éste aporte. nada de nada. Ésa é, ó meu entender, a traxedia que oculta esta xogada política.

  2. Anónimo dí:

    ¿Tendrá la conciencia tranquila?

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -