- Atrás »
- HAMAS: ¿O TRIUNFO DAS DEMOCRACIAS?
Publicado por : Adycto
27 de xaneiro de 2006
Durante estes días, chegáronme varias peticións para que o tema do Estatut fora protagonista deste blog, sen embargo, esperando que o proceso de negociación entre as diversas partes remate de xeito rápido (o de ERC paréceme máis unha pose que calquera outra cousa), deixarei este interesante asunto para cando o proceso quede definitivamente pechado.
Por outro lado, apetecíame moito falarvos hoxe da entrevista realizada polo presidente de goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, o pasado 25 de xaneiro no canal Cuatro, e da "man" que o goberno lle vota ao seu Gabinete de Comunicación (PRISA) para mellorar os niveis de audiencia da súa nova aposta televisiva, dinámica, urbana, xoven e sen películas, que consitúe Cuatro.
Por outro lado, apetecíame moito falarvos hoxe da entrevista realizada polo presidente de goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, o pasado 25 de xaneiro no canal Cuatro, e da "man" que o goberno lle vota ao seu Gabinete de Comunicación (PRISA) para mellorar os niveis de audiencia da súa nova aposta televisiva, dinámica, urbana, xoven e sen películas, que consitúe Cuatro.
Sen embargo, deixándome imbuir por un espíritu valente, vou falar da crise mundial iniciada en Palestina, coa aplastante maioría acadada por Hamas nas últimas eleccións lexislativas celebradas no país.
Cos resultados acadados por Hamas, o primeiro do que hai que falar é da limpeza das elccións. Segundo parece, dende ningún foro internacional se cuestiona a transparencia deste proceso electoral. Sendo así, o seguinte punto a tratar dende este modesto foro, é o da ideoloxía deste grupo. O Movimento Islámico de Resistencia Hamas, fundado en 1987, está oficialmente comprometido coa destrucción de Israel e cos preceptos do Islam. A diferencia do partido oficialista palestino, Al Fatah, os islamistas opuxéronse aos acordos provisionais de paz e sabotearon as eleccións parlamentarias de 1996. Eso sí, como no PSOE, dentro do Grupo hai diversas faccións, incluíndo entre elas as que sí estarían dispostas a recoñecer ao Estado Israelí, dentro dunhas determinadas fronteiras. Parece evidente, de tódolos xeitos, que esta acción democrática do pobo palestino pode traer máis (se é posible) inestabilidade á zona.
ISRAEL
Nas súas primeiras declaracións trala victoria de Hamas, Olmert asegurou que "Israel e o mundo ignorarán a ese goberno e será, por tanto, irrelevante" e dixo que non dialogará co goberno palestino porque Hamas "non é un socio" para a paz."Un goberno palestino dirixido ou do que forme parte Hamas convertirá a ANP (Autoridade Nacional Palestina) nun goberno que apoia o terrorismo", dixo Olmert trala reunión de emerxencia que celebrou cos membros do seu gabinete.
Israel iniciou unha campaña diplomática internacional para tratar de obter garantías de que ningún goberno dialogará con Hamas, ata que este grupo non desarme aos seus homes e se adapte aos valores de calquer democracia.
Parece que, pase o que pase, a guerra, a fame, a destrucción e a morte, que asola Oriente Medio dende hai anos (por non decir séculos), vai seguir durante moito tempo, dadas as actitudes dos dirixentes de ambos bandos.
Para despedirme dicirvos, por un lado, aos "defensores acérrimos" das democracias que o inesquenzible Adolf Hitler chegou ao poder a través das urnas, e por outro, dicirlle aos dirixentes de tódolos países que, este novo goberno, está democraticamente elixido, e por tanto merece un respecto semellante ao que se lle dan a outros.
¿Por qué a relixión está sempre presente na maior parte dos conflictos mundiais?. Irán, EEUU, Irak, Israel,....>
Pois está clarísimo o que hai que facer neste país tendo visto o exemplo palestino: ¡¡Ejército al poder, Ejército al podeeeeeeeeer!!