Amosando publicacións coa etiqueta mundo. Amosar todas as publicacións

Aborto Universal e Gratuíto

En Xornal Aberto, como xa dixemos nalgunha ocasión, pensamos que o "debate" sobre o aborto é froito, única e exclusivamente, do machismo da sociedade na que vivimos. De feito, parécenos evidente que, se os homes puidesen parir -biolóxicamente falando-, este "debate" estaría superado hai moito moito tempo. Pero como os homes non poden parir, aquí estamos, en pleno 2014, asistindo estupefactos a un "debate" sobre algo que, en calquera sociedade minimamente avanzada, é un dereito da muller.
30 de xaneiro de 2014
Publicado por Adycto

Mandela e a fraxilidade da memoria

O da relatividade do tempo é algo que descubrimos hai xa moitos anos sen que ninguén tivese que explicárnolo. Como tantos outros cativos, durante algunhas clases -no noso caso as de matemáticas- comprobamos que, aínda que o reloxo dicía o contrario, o tempo "corría" de xeito diferente cando estabamos xogando ao fútbol no recreo que cando escoitabamos unha monótona diatriba sobre a importancia dos números primos ou as propiedades da multiplicación (conmutativa, asociativa, distributiva,...). Co devenir dos anos averiguamos tamén que, ademáis da relatividade, o paso do tempo conta con outras moitas propiedades, entre elas, a de provocar a lembranza selectiva de datos e acontecementos, así como a de modificar de xeito permanente algúns dos nosos recordos.
11 de decembro de 2013
Publicado por Adycto
Tag : ,

VIVIR NUNHA COLONIA...


De pequeno, supoño que coma todos nalgunha fase das nosas vidas, gostaba moito de preguntarlle aos meus pais un cento de cousas ao día. A curiosidade é algo que, cos anos, non me abandonou pero, co paso do tempo, descubrín que os meus pais eran unha fonte esgotable de respostas e que, pola contra, nos libros estaba a resposta para todo. Nese intre deixei de amolar aos meus pais para dedicarme a amolar aos bibliotecarios pero antes de chegar a esta fase, digamos literata, os meus pais, como dicía antes, sufriron abondo coas miñas interminables preguntas.

Unha fase que lembro con moita claridade é a dos refráns. Durante moitas semáns, ata que meu pai regaloume un libro de sentencias e refráns populares, cada día preguntáballe por un refrán e ademáis obrigábao (os nenos podemos ser moi pesados) a que mo explicase ata que lograba entendelo con claridade. Meu pai era un home paciente e, cada día, tiña un refrán e a súa correspondente explicación preparada para cando chegaba a casa de traballar.

E conto todo isto porque, daquela época da miña vida, lembro perfectamente un refrán que me tivo moito tempo despistado. Ao meu pai, trala pertinente explicación, díxenlle que o entendía pero pasaron moitos anos ata que realmente entendín o seu significado de verdade. A sentencia popular en cuestión era aquela de "ás veces as árbores impídenche ver o bosque" e o que eu non comprendía daquela era como podía ser posible que non veses o bosque se estabas a ver ás árbores, que eran parte dese bosque. Pobre de mín.

E digo todo isto porque o que tódolos días estamos a ver nos xornais, a escoitar nas radios, a consultar na Internet ou a ver na televisión, non son máis, ao meu modo de ver as cousas, que esas árbores das que falaba o refrán. O pingueiro diario de novas negativas sobre economía, recortes de dereitos (que non de cartos, que tamén), pérdida de liberdades, corrupción, etc, etc, fan sobre nós o mesmo efecto que as árbores sobre o bosque. Ocúltannos a realidade. E non só nos ocultan a realidade senón que ademais nos amedrentan, acobardan, enganan, adormen e, o peor de todo, impóñennos un pensamento único que nos fai repetir sentencias coma: "que outra cousa imos facer", "non hai outro camiño", "é un mal necesario", etc, etc, etc.

A realidade, avezados lectores, é que vivimos nunha colonia pero non somos capaces nin de darnos conta de que é así. Lembrade o que é unha colonia. A colonia é un territorio (Galiza, España, Europa,...) suxeito á administración e goberno dun país remoto, chamado metrópoli. Os residentes na colonia (ou sexa nós) carecen de autonomía -aínda que podan estar políticamente representados en corpos gubernamentais- e están suxeitos á soberanía do goberno metropolitano. Nas colonias, os sistemas legais, relixiosos, etc son impostos e os "gobernantes" non son máis que marionetas dos que ostentan o verdadeiro poder.

De feito, todos sabemos que a función real dos "gobernantes" da colonia é que non haxa desmáns na orde pública sexan cales sexan as medidas impostas pola metrópoli. Hoxe, por desgraza, poidemos comprobar máis claramente como esa función represora tan propia dos "gobernos" coloniais toma forza no noso Estado cando o Ministerio do Interior anuncia, en verbas do seu titular, que se está a preparar unha reforma do Código Penal para que, entre outras cousas, a resistencia pacífica sexa considerada atentado contra a autoridade ou para que difundir a través da Internet e das redes sociais convocatorias sexa considerado un delicto de integración en organización criminal.

Non só nos impoñen un sistema económico e social inxusto e infame ou nos recortan dereitos, prestacións e liberdades; senón que, ademais, queren impedirnos protestar perante as inxustizas. Como dícía o gran Castelao: "mexan por nós e dicimos que chove".

PD: A imaxe saqueina da web desmotivaciones.esEnlace
11 de abril de 2012
Publicado por Adycto

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -