Amosando publicacións coa etiqueta Caixon desastre. Amosar todas as publicacións

O Test de Hare

Despois dunha exposición prolongada as series policíacas como a que a maioría de nós sufrimos a través dos raios catódicos, a estas alturas xa todos sabemos que a antropoloxía forense leva tempo buscando o "sinal" do crime, aquela marca que identifique aos asasinos e que permita á sociedade descubrir aos criminais en potencia, antes de que comecen a súa andaina criminal. Despois de convivir durante anos coa figura do psicópata no cine, na tele, nos libros,...é natural pensar: coñecemos a algún psicópata? Non digades que non o pensáchedes algunha vez do veciño do baixo, esa amiga da túa moza ou o primo de Logroño do teu colega...A todos pasounos pola cabeza máis dunha vez (alomenos a nós)...Pois en Xornal Aberto, preocupados sempre polas necesidades dos nosos avezados lectores, imos proporcionarvos a ferramenta definitiva para descubrir psicópatas: o test de Robert Hare. Un conxunto de 20 preguntas que, cun pouco de disimulo e tacto, poderemos facerlle a ese veciño que mira "raro" no ascensor...
Esta é a Escala da Avaliación da Psicopatía de Hare.

13 de xaneiro de 2014
Publicado por Adycto

Nadal

Antes de nada aclarar que este post nada ten que ver co tenis. É simplemente un aviso a navegantes. Mañá comenzamos o noso periplo de regreso a Galiza para pasar o Nadal coa familia e amigos. Estaremos un par de días en Glasgow e o luns, se todo vai ben, chegaremos pola noitiña a casa.

Por este motivo ata o vindeiro 2 de xaneiro, no que regresaremos a terras escocesas, non publicaremos nada no blog. Manteremos a actividade no Twitter e no Facebook pero non publicaremos novos contidos no blog.

Un saúdo a todos e Bo Nadal e feliz comezo de ano!

20 de decembro de 2013
Publicado por Adycto

Reflexións irreflexivas

Advertencia: o post de aquí abaixo é unha desas "pallas mentais" que a todo o mundo lle pasan pola mente algunha vez, pero que non é tan insensato como para escribir. Avisados quedases.



Dicía o gran Ernesto Sabato que "la vida es tan corta y el oficio de vivir tan difícil, que cuando uno empieza a aprenderlo, ya hay que morirse". E iso se chegas a empezar a aprendelo porque, alomenos nós, aínda non acabamos de collerlle o tranguiño. De feito, se tivésemos que deixar escrito algo para as vindeiras xeracións do que aprendimos da vida nos case que 40 invernos que levamos por aquí, o único sensato que poderíamos dicir é que o importante, o que realmente faiche comezar a entender realmente como vai esto da vida, son as perdas que tiveches ou que estiveches a punto de ter. E non porque a vida sexa moi corta, senón porque, se cadra, empezamos a aprender demasiado tarde. 
17 de decembro de 2013
Publicado por Adycto

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -