Publicado por : Adycto 13 de decembro de 2013

Lemos hoxe na maior parte de medios as protestas dos xornalistas pola ruptura, de xeito unilateral por parte de Moncloa, da forma na que, dende hai máis dunha década, os xornalistas preguntan ao presidente do Goberno cando comparece xunto a un mandatario estranxeiro. Ata o de agora, nas roldas de prensa (por chamalo dalgún xeito) deste tipo solía haber 4 preguntas, dúas para a prensa estranxeira e outras dúas para a nacional. Antes de que comezase o acto, os xornalistas que habitualmente seguen ao Goberno consensuaban tanto as preguntas como as persoas que as formulaban, de xeito rotatorio. Non é un sistema perfecto e deixa pouco marxe aos xornalistas para preguntarle ao presidente do Goberno, pero era o sistema en vigor durante a era Aznar e Zapatero.


Onte, previamente á comparecencia de Mariano con Herman van Rompuy, Moncloa anuncioulle aos xornalistas que o sistema cambiaba e que, dende ese mesmo momento, habería que apuntarse nunha lista para preguntar e logo Moncloa decidiría a quen darlle a palabra, como finalmente ocurríu. Como dicíamos ao comezo desta entrada, hoxe leemos, vemos e escoitamos en tódolos medios o "cabreo" dos xornalistas por este cambio que vai dificultar, todavía máis, a labor dos medios, sobre todos de aqueles máis críticos co Goberno.

Entendemos e compartimos o cabreo, pero non a sorpresa: En serio estades sorprendidos? Porque se é así non damos creto. Que esperábades de #plasman? Que esperábades dun goberno que está a ultimar unha #LeiMordaza para amedrentar aos que protesten contra as políticas do Goberno? Que esperábades dun goberno que vai aprobar unha #LeiDoAborto que impedirá ás mulleres deste país decidir por elas mesmas? Que esperades dun goberno que permite as estafas aos seus cidadáns? Que esperábades dun goberno que protexe e indulta aos corruptos?, etc, etc, etc.

Cando vemos as protestas de hoxe dos xornalistas non podemos menos que acordarnos daquel archicoñecido sermón de Martín Niemöller titulado "Que tivera dito Xesucristo?" e que dicía así: "Cando os nazis viñeron a levarse aos comunistas gardé silencio, porque eu non era comunista. Cando encarcelaron aos socialdemócratas gardé silencio, porque eu non era socialdemócrata. Cando viñeron a buscar aos sindicalistas, non protestei, porque eu non era sindicalista. Cando viñeron a levarse aos xudeus, non protestei porque eu non era xudeu. Cando viñeron a buscarme, non había ninguén máis que puidese protestar".


One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    Los desmanes del gobierno ciertamente ya no sorprenden a nadie, a mi me sorprende, aunque cada vez menos, el aguante del pueblo.
    Joseluis Mejuto

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -