Publicado por : Adycto
11 de decembro de 2013
O da relatividade do tempo é algo que descubrimos hai xa moitos anos sen que ninguén tivese que explicárnolo. Como tantos outros cativos, durante algunhas clases -no noso caso as de matemáticas- comprobamos que, aínda que o reloxo dicía o contrario, o tempo "corría" de xeito diferente cando estabamos xogando ao fútbol no recreo que cando escoitabamos unha monótona diatriba sobre a importancia dos números primos ou as propiedades da multiplicación (conmutativa, asociativa, distributiva,...). Co devenir dos anos averiguamos tamén que, ademáis da relatividade, o paso do tempo conta con outras moitas propiedades, entre elas, a de provocar a lembranza selectiva de datos e acontecementos, así como a de modificar de xeito permanente algúns dos nosos recordos.
Un exemplo desto último pode ser esa anécdota de cando éramos mozos que contamos unha e outra vez en toda reunión social que entra en "modo revival" e que un día, acompañados dunha testemuña da mesma, comprobamos que conta con erros do tipo: fulanito non estaba ese día, foi no noso segundo ano de carreira non no cuarto, ou estivemos seis horas na sala de espera, non dúas. Cando a contamos con erros non temos intención de mentir, simplemente durante os anos imos fixando un relato, un xeito de contala, que acaba producindo que a lembremos así e que, cando nos corrixen, inclusive discutamos co que nos fai o apunte porque nós a "lembramos" como a contamos.
E se isto pasa coas nosas lembranzas persoais, cos nosos recordos máis íntimos, que non pasará con eses retales da historia cos que compartimos tempo pero que non vivimos en primeira persoa. Que simplemente lembramos polo que limos no xornal, vimos na Tv ou escoltamos pola radio...
Dicimos esto porque, coa morte de Mandela, sentimos que está a pasar un pouco isto. Que estánse a "esquecer" moitas cousas da súa vida que son fundamentáis para entender a importancia histórica desta persoaxe e que, aínda que sexa a modo de pincelada, queremos tratar de lembrar escribindo estas liñas.
Para empezar, a pesares de gañar o Nobel da Paz e convertirse nun icono mundial da reconciliación e da paz, Mandela foi un líder revolucionario. Foi unha das cabezas visibles do Congreso Nacional Africano (CNA) e, no ano 1964, condeáronno por "actos de violencia e destrucción".Parece ser que Mandela dudou moito tempo en apoiar o camiño da violencia pero, ao fin, veu que era a única alternativa que deixaba o Estado á loita polos obxectivos políticos da maioría negra do país. De feito, xa nos anos 80, o Goberno ofreceulle a Mandela a liberdade a cambio da renuncia á violencia e rexeitouna. Non era Gandhi entón, apostou pola loita armada.
Os líderes do "mundo libre" na década dos 80 consideraban a Mandela como o "cabecilla" dun grupo terrorista máis e así, a modo de exemplo, podemos destacar que no Reino Unido, a súa primeira ministra afirmaba en 1987 (23 ANOS despois do encarcelamento de Mandela) que "o CNA é unha típica organización terrorista. O que crea que algún día gobernará Sudáfrica vive nun mundo de fantasía".
E non so pensaban así en UK. Foi considerado terrorista pola mesma ONU e ata 2008 ( premio Nobel da paz mediante) figurou na lista de vixiancia terrorista de EUA e necesitou dun permiso especial do secretario de estado de George W. Bush para visitar o país das liberdades.
A pesares de ser considerado un "terrorista" por boa parte do mundo durante moitos anos é raro ver nos medios referencias deste tipo. Como tamén resulta estrano escoitar nada do dito por Mandela sobre dous dos conflictos mundiais que máis perduran no tempo: o de Israel e o de Cuba. No caso do de Cuba e, a pesares do apretón de máns entre Obama e Raúl Castro no funeral de Mandela, ninguén tivo a ben lembrar o que o líder sudafricán pensaba sobre o "conflicto cubano" e que podemos resumir nun par de citas do propio Mandela: "Admiramos os sacrificios do pobo cubano no mantenemento da súa independencia e soberanía ante a viciosa e orquestada campaña imperialista para destruir. Impresionante forza da revolución cubana" ou ben "Dende os seus primeros días, a revolución cubana foi unha fronte de inspiración para todas as persoas que valoran a liberdade".
A pesares dos vítores e aplausos que durante os actos fúnebres os presentes lle regalaron a Obama, tampouco escoitamos por ningún lado o que Mandela opinaba sobre EUA e a súa política exterior e que podería resumirse noutra cita do líder sudafricán: "Se hai un país no mundo que cometese atrocidades inexpresables é Estados Unidos. Eles non se preocupan polos seres humáns".
Por último, pero non menos importante, tampouco queremos deixar pasar a oportunidade de contar algo sobre o que Mandela pensaba do conflicto palestino, xa que vai ser difícil escoitar algo estes dias nos medios tradicionáis, a pesares de que Israel non mandou alta representación aos actos funerarios. Igual non foron porque nos anos 70 Israel posicionouse como aliado claro de Sudáfrica, incluso chegando a ofrecer armamento nuclear ao régimen do apartheid. De feito, Sudáfrica era neses intres o maior cliente da industria militar israelí. Aínda que a mellor non acudiron pola claridade coa que Mandela falaba sobre ese tema: "A nosa liberdade é incompleta sen a liberdade dos palestinos".
A memoria que é moi fráxil, e aínda máis se non vivimos os feitos en primeira persoa.
A memoria que é moi fráxil, e aínda máis se non vivimos os feitos en primeira persoa.
Publicar un comentario