Publicado por : Adycto 15 de novembro de 2013

Hai moitos anos tivemos un profesor de matemáticas chamado Pablo. Non era un bo mestre, nin moito menos, pero é o exemplo perfecto para explicar a sensación que tivemos hoxe, tras darlle unha ollada rápida aos xornais. O tal Pablo, ao que todos coñecíamos polo alcume de "El Cubano", deunos matemáticas en sexto, sétimo e octavo da E.X.B. e tiña un peculiar xeito de construír os enunciados dos problemas que, día si día tamén, tiñamos que resolver para as súas clases. Todos empezaban de xeito similar: "Si un litro de vino vale 20 pesetas..." ou "Si un paquete de tabaco vale 40 pesetas..." ou "Si su madre manda a Pepito a la tienda a por vino...". 



Parece evidente que "El Cubano" prefería estar tomando un viño ou fumando un pito -cousa que facía mentres daba clases, por certo- que tratando de ensinar matemáticas a un grupo de 40 rapaces o cal, mirado co paso dos anos, parécenos moi comprensible. O caso era que "El Cubano", consciente ou inconscientemente, poñía en práctica a diario o dito ese de que "cadaquén fala da feira segundo lle vai nela". O tipo tiña que dar matemáticas e o facía cada día, pero dende a súa particular óptica vital na que o viño e o tabaco tiñan un protagonismo estelar.

E do mesmo xeito que "El Cubano" falaba das matemáticas segundo os seus intereses vitáis, os principiáis xornais españois dan as noticias segundo lles vaia a feira. Así, hoxe podemos atopar no Mundo de Pedro José baixo o titular "España sale del rescate bancario", un panexírico das bondades do rescate financieiro vivido por España, apoiado por declaracións de diferentes dirixentes europeos que din cousas como as do presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, cando afirma que "La población española ha pasado por momentos difíciles pero sus esfuerzos serán recompensados en los próximos años".  A única cifra da que falan no artigo é a dos 41.300 millóns de euros que a UE prestoulle ao Estado español para amañar o seu sistema bancario e a mencionan apostillando que é "menos de la mitad de los 100.000 millones que fueron movilizados". 

Pola súa banda, o que un día autoplocamábase como o "Diario Independiente de la mañana" titulaba o mesmo asunto cun elocuente " El Estado perderá el grueso del dinero inyectado en el rescate bancario" e repasa na información as inversións realizadas polo Estado, con cartos propios e prestados pola UE, no sistema bancario español. No artigo chega a cifrar en 36.000 millóns, de 52.000 investidos, os que o Estado dá por perdidos. A modo aproximado, claro está, porque a cousa depende moito de por canto poda vender Bankia, NovaGalicia Banco, etc. Tamén nesta información hai declaracións, máis non son de líderes europeos. Son as de Elena Salgado en 2011 "La reestructuración del sector la pagará el sector y no los contribuyentes", e as de Luis de Guindos cando chegou ao cargo "Los contribuyentes no pondrán ni un euro en la reestructuración". 

Parece claro que cadaquén fala da feira segundo lle vai nela.

PD: As declaracións de Salgado e De Guindos son para partirlles a cara aos dous por tomarnos o pelo, aínda que se temos que empezar a partir as caras de todos os que nos toman o pelo non daría tempo a facer nada máis nesta vida.

2 Respostas ata o de agora.

  1. JLMejuto dí:

    Antes de llegar a la PD yo estaba pensando: "Para darles de hostias a Salgado y De Guindos"
    Por cierto como ya pregunté en otra ocasión ¿Guindos viene de guindar?

  2. Adycto dí:

    Estoy convencido que viene de guindar....los apellidos siempre significan algo...;)

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -