Publicado por : Adycto 18 de novembro de 2013

Despois de tres meses vivindo en terras escocesas unha das preguntas recorrentes cando falas con alguén da casa -familia, amigos, etc- é o tema do referéndum que, durante o mes de setembro do ano que ven, celebrarase nestas terras para decidir se Escocia comeza a ser un país independente. Polo momento as enquisas van moi apretadas e, dependendo de quen a faga, o resultado decántase para un lado ou para outro aínda que, o que semella claro a menos de 9 meses da consulta, e que, como case sempre, os indecisos decidirán o resultado. 

Hoxe queremos aproveitar para, dende a óptica dos partidos e movementos que defenden o "YES", contestar algunha desas preguntas típicas (FAQ) ante unha consulta deste tipo. Esperemos que sirva para aclarar un pouco o tema e prometemos, en futuros posts, seguir abordando este interesante proceso.



O primeiro que debemos facer é comentar que é o que se pregunta exactamente o vindeiro 18 de setembro de 2014. A pregunta será clara e directa: Should Scotland be an independent country? ( Debería ser Escocia un país independente?).

O segundo que queremos aclarar é que neste referéndum poderán votar todos aqueles maiores de 16 anos que estean cualificados para votar no Parlamento Escocés ou nas eleccións locais. Por último é preciso destacar que, de saír o "YES" no referendo, Scotland non acadaría a súa independencia ata marzo de 2016, data prevista para que os parlamentos inglés e escocés traballen xuntos no proceso de transición necesario. De feito, ata Maio de 2016, non está previsto que se celebren as eleccións para o primeiro goberno independente de Scotland.

E agora imos coas cuestións das que falabamos. 
Seguirán coa libra en caso de que saia o "YES"? Si, manterán a libra e os billetes dos bancos históricos de Scotland. Hai que lembrar que, aínda que co mesmo valor que a libra inglesa, os escoceses teñen billetes propios dende hai moito tempo e a súa propia libra, a escocesa.

Estarán na UE ? Segundo os partidos afíns ao "YES" non haberá problema e manterán a súa condición de membros da Unión como os últimos 40 anos mentres negocian os termos da súa incorporación como país independente dende 2016.

Contarán co seu propio exercito defensivo? Si,Scotland conta cunhas modernas e ben equipadas forzas defensivas e, segundo contan, a gran diferenza estará en que abandoarán o programa de armas nucleares do que actualmente forman parte dentro do Reino Unido.

Nivel de vida. En boa parte polo tema dos recursos petrolíferos e gasísticos cos que conta Scotland (os máis grandes de toda a UE),  os partidarios do YES afirman que unha Escocia independente ocupará o octavo posto canto a renta per capita dentro dos países da OCDE e que a xestión deses recursos permitirá  acadar cotas de Benestar máis altas en canto a Saúde Pública, pensións ou políticas de empego. Os partidarios do si lembran que, durante o últimos 30 anos, os escoceses pagaron máis impostos por habitante que todo o resto do Reino Unido.

Unha cousa que chamou moito a nosa atención e que unha independent Scotland terá como cabeza do estado á raiña inglesa, como outros 16  países independientes no mundo.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -